Galicia

Feijóo advirte: tomará as medidas que considere “oportunas” ante o aumento dos casos de COVID

Alerta da falla de prudencia en zonas de lecer e espazos pechados

Feijóo hoxe

O presidente do Goberno galego advertiu hoxe que tomará as “decisións” que o grupo de expertos clínicos que o asesora en materia da pandemia considere “oportunas” para frear o aumento dos casos de COVID, que superan xa os 1.200 en toda Galicia e levan aumentando trece días seguidos.

Feijóo, quen reivindicaou o traballo feito en Galicia contendo a incidencia e tamén na vacinación, fixo estas declaracións esta mañá, após reunirse coa ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto e declarándose “tranquilo” sobra a incidencia da COVID con respecto a Europa e España, pero non á propia Galicia.

Falla de prudencia

O presidente apuntou que este outono vai medrar a incidencia da enfermidade porque, salientou, “non se está sendo prudentes nas zonas de lecer e en espazos pechados que é onde se necesita un mínimo de distancia e máscaras”.

También te puede interesar