Destacados Vigo al minuto

Medalla de Ouro de Vigo aos profesionais que traballaron durante a pandemia

Mantiveron funcionando as farmacias, medios de comunicación, supermercados e transportes

Medalla de Ouro de Vigo aos profesionais que traballaron durante a pandemia

O Pleno do Concello aprobou, por unanimidade, dar a ‘Medalla da Cidade’ aos profesionais dos sectores esenciais que garantiron o funcionamento dos servizos básicos durante a pandemia da Covid-19, como farmacias, medios de comunicación, supermercados e transportes.

Vigueses Distinguidos

Así mesmo, nomeáronse coma ‘Vigueses Distinguidos’ aos integrantes do departamento de Benestar Social do Concello; Casa da Caridade de Vigo-Fogar San José; mercados municipais; Comedor Albergue Social; Misión do Silencioá a Asociación de Freixeiro de Axuda ao Necesitado (Afán); ao escritor Francisco Castro; a Antonio Coello, ex concelleiro; ao medallista olímpico Nicolás Rodríguez e ao noso compañeiro o xornalista deportivo da COPE, Antonio Estévez, ademais de a todos os centros educativos da cidade que cumpriron 50 anos.

O acto de entrega da Medalla da Cidade e dos Vigueses Distinguidos, será o vindeiro luns, día 15, no Auditorio Mar de Vigo.

También te puede interesar