Ciencia y Tecnología Destacados

A sanidade pública de Vigo, premiada por un estudo sobre a hemofilia

Na área sanitaria hai 60 pacientes hemofílicos en seguimento

Hemofilia Vigo

O servizo de Hematoloxía e Hemoterapia da Área Sanitaria de Vigo ven de recibir o premio á Mellor Comunicación Oral sobre Coagulopatías Conxénitas no LXIII Congreso Nacional da Sociedade Española de Hematoloxía e Hemoterapia, por un estudo sobre hemofilia.

O traballo presentado versou sobre a estratexia terapéutica seguida en dous pacientes hemofílicos leves que no seguemento protocolizado das súas intervencións cirúrxicas fixeron inhibidores; isto é, anticorpos que neutralizan o Factor VIII, concentrado de coagulación que se lles administra durante os procedementos invasivos ou cirúrxicos para evitar o sangrado.

Segundo explica o autor principal deste estudo, o hematólogo Manuel R. López revisamos as cirurxías e procedementos invasivos efectuados aos pacientes hemofílicos non severos en 2020, e de 10 pacientes aos que se lles realizaron 14 procedementos deste tipo, encontramos que 2 deles desenvolveran o temido inhibidor fronte ao Factor VIII, o que comporta un cambio na severidade da hemofilia, pasando de ser pacientes leves a graves”.

Casos excepcionais

Neste estudo, os especialistas reportaron os factores de risco intrínsecos e extrínsecos destes pacientes para desenvolver o inhibidor, así como as estratexias terapéuticas seguidas  para conseguir a desaparición dese anticorpo e que o paciente retornara ao seu estado basal. 

“O noso estudo ten interese desde o punto de vista clínico pola excepcionalidade dos casos, xa que hai pouca literatura científica sobre os mesmos. Con este traballo aportamos á ciencia máis experiencia, xa que nestas enfermidades raras, todo o que sexa sumar casuística axuda a xerar evidencia.”

60 pacientes en seguimento na área viguesa

A Unidade do Álvaro Cunqueiro ten en seguimento aproximadamente 60 pacientes hemofílicos entre graves, moderados e leves, sendo estes últimos o grupo mais numeroso. 

A Hemofilia é un trastorno hemorráxico hereditario no que o sangue non coagula correctamente, dado que non produce suficiente Factor VIII (Hemofilia A) ou Factor IX (Hemofilia B).  É unha enfermidade rara e crónica; e aínda que a día de hoxe non ten cura, dispón de tratamentos que permiten ás persoas que a padecen levar unha boa calidade de vida .

Desde a apertura do Álvaro Cunqueiro, a atención a estes pacientes experimentou un cambio cualitativo radical, xa que as novas instalacións e dotacións tecnolóxicas permitiron unha maior especialización e novas prestacións da carteira de servizos desta especialidade.

Así, creouse un equipo interdisciplinar entre os hematólogos e profesionais dalgunhas especialidades (Traumatoloxía e Cirurxía Ortopédica, Medicina Física e Rehabilitación…), que avalían a mellor terapia para cada un dos casos. De feito, neste hospital, o paciente hemofílico recibe unha atención integral e hoxe en día ningún deles ten que ser traslado fora de Vigo para recibir tratamento cirúrxico.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.