Comarcas

300 horas máis de atención para os usuarios do Servizo de Axuda no Fogar da Guarda

O obxectivo é acabar coa listaxe de espera de dependencia de grao 3

Máis horas d Servizo de Fogar de A Guarda

O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) é un servizo público no que os concellos asumen unha  parte moi importante, “a pesar de ser competencia da Xunta de Galicia“, consistente en ofrecer un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual.

Poden acceder ao servizo as persoas que teñan recoñecido este dereito a través do sistema de atención á dependencia ou ben, na modalidade de libre concorrencia, aquelas persoas para as que resulte un recurso idóneo, de acordo coa valoración técnica correspondente.

Mellorar a calidade de vida

Os principais obxectivos do SAF son: mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual, favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio, previr situación de dependencia ou exclusión e retardar ou evitar a institucionalización.

65 persoas beneficiarias y 2.386 horas de atención

En A Guarda, a xestión do servizo é mixta, contando con persoal propio (10 auxiliares de axuda no fogar) e dunha empresa que atende os casos que son derivados dende os servizos sociais comunitarios. Dende o ano 2018 a prestación do servizo de axuda no fogar é realizado pola empresa local Alento Servizos.

Actualmente 65 persoas son beneficiarias do servizo, 47 na modalidade de dependencia , e 18 en réxime de libre concorrencia, (sobre 300 horas prestadas mensualmente). Co incremento das 300 h que se están incorporando a número de horas que se prestan en dependencia será de 2.386 horas en total.

Xantar na Casa

Ademais das atencións de carácter persoal e doméstico, o SAF inclúe unha serie de servizos complementarios para as persoas beneficiarias que o precisen: servizo de fisioterapia, podoloxía e préstamo de axudas técnicas.

A maiores, no Concello da Guarda, préstase o servizo de Xantar na Casa, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. O Xantar na Casa constitúe un servizo de comida a domicilio que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades das persoas maiores e/ou dependentes, que non poden valerse por si mesmas para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús.

As persoas que precisen de calquera destes servizos poden dirixirse ao departamento de servizos sociais comunitarios no 1º andar do edificio do concello vello na Praza do Reló, chamando ao 986 61 4507 ou no enderezo electrónico [email protected]

También te puede interesar