Deportes

O Concello equipa o pavillón do Rosal cunha nova grada supletoria

Para animar ao Acanor e o Novás Valinox

Novas gradas do pavillón do Rosal

O pavillón do Rosal conta cunha nova grada supletoria que, situada nun dos fondos, aumenta o aforo do edificio municipal. O Concello adquiriuna a través do Plan Concellos 2020 e axudará a encher aínda máis un pavillón que cada fin de semana ten moita afluencia. A alcaldesa, Ánxela Fernández, explica que «a grada era unha necesidade despois do éxito da campaña da socios do Novás», xa contan con máis de 600 integrantes.

A alcaldesa explica que xunto ao Acanor, Novás Valinox converterán a nova adquisición nunha «grada de animación» pensada especialmente para a canteira do club. «Así poderán vivir xuntos os partidos da División de Honra Prata de balonmán e identificarse aínda máis co club», explican dende o Novás.

A canteira porá nome á nova grada

Para dar un pulo á imaxe e a creación desta grada de animación puxeron en marcha un concurso para dar nome ao espazo entre os integrantes das categorías inferiores. Os rapaces e rapazas que participen deben facer unha proposta de nome ata o día 5 de novembro e o día 12, a través dunha votación nas redes sociais, coñecerase o gañador, que será premiado cun vale de 50 euros para gastar en Hummel.

«Con esta iniciativa queremos facer que a mocidade do Rosal poida desfrutar ao máximo do Novás e do noso balonmán a pé de campo», destaca a alcaldesa. No club súmanse a mensaxe da rexedora e animan as familias a vestir aos seus fillos e fillas con roupa do equipo para tinguir o Pavillón Municipal de vermello. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.