Ciencia y Tecnología Destacados

Veciños de Teis piden ao alcalde que amose o proxecto da biblioteca prometida durante 6 anos

Lembran que hai en 2020 comprometeuse a iniciar as obras en 2021 e rematalas en 2022

Veciños de Teis organizan este sábado un acto polo 'Día de Rosalía' e para reclamar a biblioteca

O xoves 21 de outubro os colectivos de Teis, encabezados polas ANPAS, convocaron unha concentración ante o antigo Ambulatorio, apoiando a construción dunha biblioteca para o barrio e insistindo na características mínimas que está debía ter.

O alcalde garante unha «grande e magnífica biblioteca para Teis»

A resposta do Concello non se fixo agardar e ao día seguinte o alcalde garantía que Teis tería «unha grande e magnífica biblioteca», logo de tirar o edificio actual e construir outro, dado que o antigo ambulatorio está moi deteriorado e non vale para esta dotación.

Declaracións do alcalde, o pasado venres, día 22, sobre a biblioteca de Teis

Unha «promesa repetida durante 6 anos»

Ante as declaracións de Abel Caballero, os veciños de Teis danse a noraboa ainda que aclaran que «as súas palabras palabras serían suficientes se non fora porque xa vai para seis anos que manifestou o mesmo, e máis recentemente asegurou o inicio das obras no 2021 e a súa inauguración no 2022«.

A estas alturas, sinalan dende a Asociación de Veciños de Teis, «seguimos sen ter novas da súa licitación e do seu proxecto (pese a ter sido solicitados en numerosas ocasións)».- Así memo cualifican de «inoportuna e desacertada» a intención do alcalde de desacreditar a concentración dos veciños cunha organización política [o BNG], tentando de deslixitimar a demanda de todo un barrio».

Os responsabéis da Asociación veciñal subliñan que as persoas que acudiron á manifestación «non son máis que veciños e veciñas do barrio que se moveron co único obxectivo de apoiar a construción desta biblioteca e demandar que o barrio sexa escoitado e tido en conta».

Polo que respecta ao anuncio de Abel Caballero, os veciños alégranse de que confirme públicamente a construción desta biblioteca, «pero resúltanos insuficiente a estas alturas se non se nos traslada a documentación suficiente que así o asegure e se nos escoite como barrio nas demandas que temos sobre esta infraestructura».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.