Comarcas

Redondela abre axudas para autónomos e PYMES afectadas pola pandemia

Son 85.200€ con cargo ao Plan Concellos da Deputación

O Concello de Redondela, en colaboración da Deputación de Pontevedra, tiene en marcha unha nova liña de subvencións –a terceira dende que comezou a pandemia da Covid-19– para paliar a diminución ou paralización de actividade que a crise sanitaria provocou a traballadores/as autónomos/as, microempresas e pequenas empresas con domicilio fiscal e local comercial no termo municipal de Redondela.

Plan Concellos

A Deputación aprobou no seu momento para Redondela, dentro da liña 2 do Plan Concellos, 85.200 euros que agora o Concello destinará aos sectores máis afectados pola pandemia que poderán financiar gastos de alugamento, cota de persoas traballadoras autónomas, a electricidade e os seguros. O prazo de solicitude rematará o vindeiro 5 de novembro.

Trátase, explica a concelleira de Comercio, María Castro, de «continuar adoptando medidas que permitan paliar o impacto económico provocado pola Covid-19 e que contribúen a preservar o tecido económico redondelán«. De feito, a nova liña de subvencións, insiste, «non deixa de ser un xeito de protexer os intereses xerais da veciñanza de Redondela «ao dar soporte ás persoas traballadoras autónomas, microempresas e pequenas empresas».

Toda a información sobre os requisitos, prazos e documentación necesaria para poder acceder a estas axudas pódese consultar no BOPPO nº 201 do 19 de outubro.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, que agradeceu «a colaboración e sensibilidade que a Deputación amosou sempre con este municipio», lembrou que «esta e a terceira liña de subvencións que o Concello pon en marcha dende o inicio da pandemia da Covid-19 coa clara intención de axudar a persoas traballadoras autónomas e pequenas empresas que, xunto coa hostalaría, foron os sectores aos que a situación epidemiolóxica golpeou máis duramente».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.