Deportes

Nigran abre a inscrición para a súa primeira escola municipal de surf

Para rapazas e rapaces nacidos entre 2010 e 2013

Nigran abre a inscrición para a súa primeira escola municipal de surf

O Concello de Nigrán incorpora o surf a súa oferta de actividades deportivas municipais por vez primeira na súa Historia. As clases, que comezan o 2 de novembro e serán semanais, estarán impartidas por monitores federados da Asociación de Escolas de Surf de Patos e están dirixidas a crianzas nacidas entre os anos 2010 e 2013 (ambos inclusive), por iso o Concello ofreceu bautismos gratis aos escolares do municipio.

Neste primeiro ano o Concello oferta 30 prazas que se dividirán en 5 grupos de 6 participantes as tardes do luns, martes, mércores e xoves (de 16:30 a 18:00 horas).

Inscrición

O prazo de inscrición para os empadroados abre o martes 26 de outubro de 9:00 a 13:00 horas no Pavillón Municipal, estando toda a información subida na web municipal.

En caso de quedar vacantes, o mércores 27 de outubro manteranse as inscricións (poderían optar os non empadroados) e se establecería unha lista de agarda. A praza quedará formalizada unha vez se realice o pagamento (data límite 28 de outubro ) e o custe é de 75 € para empadroados con posibilidade de bonificar ata o 50% as persoas en situación de dificultade económico-financieira (deberán presentar unha instancia no Rexistro do Concello con diferente documentación).

Nos vindeiros días o Concello informará convintemente da apertura de prazo para clases de piano tamén como novidade

«O surf forma parte da esencia de Nigrán e por iso queremos achegalo aos nenos, o deporte é saúde e o surf ademais leva asociados uns valores medioambientais que hai que fomentar desde a infancia», reitera o alcalde, Juan González.

A importancia do surf en Nigrán

A cultura do deporte sobre as ondas está cada vez máis arraigada entre a cidadanía e conleva un xeito de vida ecolóxico, sano e sostible, por iso o Concello de Nigrán está a pechar o irmandamento oficial con Valdoviño, municipio coruñés co que comparte Historia común grazas precisamente ao surf.

Este deporte supón tamén para Nigrán un importante revulsivo económico, o barrio de Patos en Panxón, coas praias da Cansadoura, o Pico de Patos e o propio areal de Patos, son o espazo de cinco escolas e, paralelamente, de negocios de hostalería e tendas temáticas.

Ademais, supón un atractivo turístico durante todo o ano, especialmente no inverno, cando os bañistas desaparecen. Xusto durante eses meses celébranse campionatos locais, autonómicos, nacionais e internacionais xa recoñecidos e que reforzan esa imaxe de municipios sans, saudables, ecolóxicos e onde a natureza é a protagonistas.

En Valdoviño, o propio Oceano Surf Museo, único de España adicado a este deporte, recolle documentalmente (mediante fotos e vídeos cedidos) aos surfistas pioneiros en Galicia, que comezaron na praia de Patos atraídos polo aspecto natural e salvaxe deste areal e que pouco despois tamén chegaron a contorna de Ferrol.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.