Destacados Vigo al minuto

O BNG advirte de cambios importantes no proxecto do túnel de Elduayen

Xabier P. Igrexas esixe aclaracións ao alcalde

O Bloque Nacionalista Galego vén de interpelar ao Goberno Municipal para esixirlle transparencia sobre o proxecto de instalación dun túnel en Elduayen e a peonalización da Portal do Sol. Dende o BNG expresan a súa preocupación, «compartida coa veciñanza e o comercio da contorna«, diante do que parecen modificacións significativas nas obras de acceso ao túnel proxectado na rúa Elduayen.

«Silencio» do alcalde

“Trátase de que o goberno de Abel Caballero dea resposta á veciñanza, que o único que recibe é silencio diante das súas queixas e diante das súas peticións de información”, denunciou o concelleiro do BNG na cidade, Xabier P. Igrexas, que trasladou estas inquedanzas na Comisión Informativa de Fomento e Contratación, celebrada esta mesma semana, sen obter ningunha resposta.

Hai unha modificación importante?

Igrexas subliñou que, unha modificación relevante nun proxecto que foi sometido a licitación pública, pode supoñer unha alteración tamén dos gastos e do custo económico do proxecto e, por tanto, afectar á propia contratación.

“Unha obra tan importante, de tanto calado, con tantos efectos na súa contorna, merece unha explicación”, advertiu o portavoz municipal do BNG de Vigo. “Queremos que o goberno de Abel Caballero diga que quere cambiar, que se vai modificar do proxecto orixinal xa licitado”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.