RGPD - Cookies
Galicia

A vergonzosa realidade laboral de Galicia: somos a terceira comunidade que máis discrimina ás persoas LGTBI

Un 90% dos profesionais deste colectivo ten «medo» de expresar a súa orientación sexual

A vergonzosa realidade laboral de Galicia: somos a terceira comunidade que máis discrimina ás persoas LGTBI

As persoas LGTBI non emprego, un estudo realizado pola Unión Xeral de Traballadores (UXT) sobre a inserción laboral do colectivo LGTBI en España, sitúa a Galicia como a terceira comunidade con máis situacións de discriminación por motivos de orientación sexual, só após Asturias e Murcia.

Para os responsábeis do sindicato en Galicia, que presentaron hoxe as conslusións deste informe, estes datos amosan unha situación «moi preocupante». Así, indicaron, o 90% dos enquisados para facer o estudo sinalou como «inconvinte» ser lesbiana, gai ou trans en canto ao emprego e un 86% preferiu «ocultalo» da súa contorna laboral.

‘Medo’ e agresións

Tres de cada catro entrevistados manifestaron ter «medo» de expresar a súa orientación sexual, e catro de cada 10 profesionais LGTBI declararon que sofren agresións, verbais ou físicas, incluso violencia sexual.

As persoas trans as peor paradas

Neste panorama lamentable, a peor parte é para as persoas trans: o 48% das enquisadas, case a metade, asegurou que as rexeitaron en entrevistas laborais pola súa identidade de xénero e por non ter a documentación adaptada.

También te puede interesar