Vigo al minuto

Os xulgados da rúa Lalín serán a sede de cen asociacións e entidades sociais de Vigo

As obras empezarán logo do traslado á nova Cidade da Xustiza

A delegada territorial da Xunta en Vigo anunciou hoxe unha inversión de 6,7 millóns de euros para a rehabilitación integral dos actuais xulgados da rúa Lalín. A iniciativa contempla así a adecuación do inmoble para albergar novos espazos destinados a asociacións e entidades sociais da cidade.

Neste contexto, a representante autonómica, quen avanzou que os orzamentos deste ano reservan xa unha partida de 3 millóns de euros para arrancar este proxecto, destacou a dobre dimensión dunha actuación que responde á demanda de novas dotacións na zona e ás necesidades “de falta de espazos dispoñibles e de atención por parte do Concello vigués” manifestadas polos actores sociais da cidade.

As obras, en canto os xulgados vaian para a Cidade da Xustiza

Deste modo, toda vez que se complete o traslado previsto a Cidade da Xustiza, comenzarán as obras de remodelación do edificio. Preto de 7.000 metros cadrados de superficie que se porán a disposición das asociacións e entidades sociais de Vigo baixo o único requisito, sinalou Fernández-Tapias, de que “os colectivos interesados realmente o necesiten e o vaian a utilizar”.

Preto de cen locais dispoñibles

O novo edificio terá así capacidade para converterse nun referente do asociacionismo vigués con preto dun centenar de locais dispoñibles, segundo as estimacións iniciais, zonas comúns e salas polivalentes. Unha actuación similar á do edificio pontevedrés de Benito Corbal pero “moito más ambiciosa” en palabras da delegada territorial.

A previsión é sacar canto antes sexa posible a licitación a redacción do proxecto básico e de execución das obras, segundo informou a representante do Executivo galego, co obxectivo de que as obras se inicien xa o próximo ano e estean rematas no 2023. En todo caso, Fernández-Tapias amosou certa prudencia respecto a uns prazos que están condicionados polo remate da obra da Cidade da Xustiza, o traslado completo de todas as dependencias xudiciais e a licencia de ocupación por parte do Concello.

Ademais das actuacións precisas no que se refire a carpintería, revestimentos, acabados e instalacións, levarase a cabo unha intervención na envolvente do edificio que permitirá mellorar a súa eficiencia e reducir a demanda enerxética.

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias

A delegada incidiu en que a Xunta renova así o seu “compromiso inversor en Vigo”, con actuacións “que verdadeiramente fan cidade”, e continúa na senda da rehabilitación e recuperación do patrimonio, “establecendo liñas de colaboración cos actores sociais e outras administracións e entidades públicas, coa finalidade de reverter o seu uso á cidadanía“.

Fernández-Tapias lembrou que esta infraestrutura únese a outras moi importantes para a cidade como a mencionada Cidade da Xustiza, a maior infraestrutura xudicial da historia de Galicia; unha estación intermodal que éa máis grande das que se están a construír na Comunidade; ou o centro de saúde de Bouzas, “que estamos a piques de inaugurar”. Tamén citou Fernández-Tapias, a depuradora, o Hospital Álvaro Cunqueiro ou o albergue público de peregrinos inaugurado este ano no Berbés.

También te puede interesar