Vigo al minuto

Os xulgados da rúa Lalín serán a sede de cen asociacións e entidades sociais de Vigo

As obras empezarán logo do traslado á nova Cidade da Xustiza

A delegada territorial da Xunta en Vigo anunciou hoxe unha inversión de 6,7 millóns de euros para a rehabilitación integral dos actuais xulgados da rúa Lalín. A iniciativa contempla así a adecuación do inmoble para albergar novos espazos destinados a asociacións e entidades sociais da cidade.

Neste contexto, a representante autonómica, quen avanzou que os orzamentos deste ano reservan xa unha partida de 3 millóns de euros para arrancar este proxecto, destacou a dobre dimensión dunha actuación que responde á demanda de novas dotacións na zona e ás necesidades «de falta de espazos dispoñibles e de atención por parte do Concello vigués» manifestadas polos actores sociais da cidade.

As obras, en canto os xulgados vaian para a Cidade da Xustiza

Deste modo, toda vez que se complete o traslado previsto a Cidade da Xustiza, comenzarán as obras de remodelación do edificio. Preto de 7.000 metros cadrados de superficie que se porán a disposición das asociacións e entidades sociais de Vigo baixo o único requisito, sinalou Fernández-Tapias, de que «os colectivos interesados realmente o necesiten e o vaian a utilizar».

Preto de cen locais dispoñibles

O novo edificio terá así capacidade para converterse nun referente do asociacionismo vigués con preto dun centenar de locais dispoñibles, segundo as estimacións iniciais, zonas comúns e salas polivalentes. Unha actuación similar á do edificio pontevedrés de Benito Corbal pero «moito más ambiciosa» en palabras da delegada territorial.

A previsión é sacar canto antes sexa posible a licitación a redacción do proxecto básico e de execución das obras, segundo informou a representante do Executivo galego, co obxectivo de que as obras se inicien xa o próximo ano e estean rematas no 2023. En todo caso, Fernández-Tapias amosou certa prudencia respecto a uns prazos que están condicionados polo remate da obra da Cidade da Xustiza, o traslado completo de todas as dependencias xudiciais e a licencia de ocupación por parte do Concello.

Ademais das actuacións precisas no que se refire a carpintería, revestimentos, acabados e instalacións, levarase a cabo unha intervención na envolvente do edificio que permitirá mellorar a súa eficiencia e reducir a demanda enerxética.

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias

A delegada incidiu en que a Xunta renova así o seu «compromiso inversor en Vigo», con actuacións «que verdadeiramente fan cidade», e continúa na senda da rehabilitación e recuperación do patrimonio, «establecendo liñas de colaboración cos actores sociais e outras administracións e entidades públicas, coa finalidade de reverter o seu uso á cidadanía«.

Fernández-Tapias lembrou que esta infraestrutura únese a outras moi importantes para a cidade como a mencionada Cidade da Xustiza, a maior infraestrutura xudicial da historia de Galicia; unha estación intermodal que éa máis grande das que se están a construír na Comunidade; ou o centro de saúde de Bouzas, «que estamos a piques de inaugurar». Tamén citou Fernández-Tapias, a depuradora, o Hospital Álvaro Cunqueiro ou o albergue público de peregrinos inaugurado este ano no Berbés.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.