Deportes

Tania Castiñeira, ouro no ‘Open de Montenegro’ de Taekwondo

Superou na final a Belén Morán

Tania Castiñeira, ouro no 'Open de Montenegro' de Taekwondo

Tania Castiñeira (+73, Hebe) segue imparable e esta fin de semana acadou o ouro no Open de Montenegro (G1)! Non foi a única galega presente, xa que tamén participaron Alma Pérez (-53, Suh Boiro), Pablo Patiño (-68, Patiño) e Manu Parada (-68, Natural Sport Ribeira), aínda que non houbo máis medallas.

Este foi o percorrido de Tania Castiñeira en Podgorica: en primeira rolda superou á serbia Nina Perisic con claridade (2-13), nun combate dominado de principio a fin por Tania.

En semifinais a rival era a eslovena Nursa Urnaut, pero non compareceu por lesión, de forma que se plantou na final onde tería enfronte  a súa compañeira do CAR, Belén Morán. Foi un combate fermoso e competido. Tania comezou por diante no marcador (0-3) pero a andaluza logrou adiantala ao final do segundo asalto nunha gran acción (4-3). No terceiro e decisivo asalto, a galega conectou unha patada arriba e puido levarse finalmente o combate por 5-6.

Pola súa banda, Alma Pérez (-53) estivo moi preto das medallas. No primeiro combate foi moi superior a Aleksandra Germanac (Serbia) á que venceu por 3-17. Nos cuartos esperaba Laura Rodríguez, del Hankuk. Foi unha loita tremendamente axustada que se decidiu por só un rexistro despois de rematar o combate empatado tamén no punto de ouro.

También te puede interesar