Comarcas

Redondela realiza novas accións de fomento da compostaxe

En centros culturais e veciñais de varias parroquias

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela, manterá durante a semana próxima novos encontros coa veciñanza para dar a coñecer as vantaxes da compostaxe como alternativa á xestión tradicional de residuos sólidos urbanos. Amais das actividades encamiñadas ao fomento do uso dos composteiros domésticos, os técnicos manterán reunións con veciños e veciñas para informar sobre a compostaxe comunitaria.

Así, tanto no Centro Cultural de Soutoxusto, luns 18 de outubro, ás 19:30 horas como no Centro Cultural de San Estevo de Negros o mércores 20 de outubro, repartiránse os composteiros domésticos entre a veciñanza que o tivera solicitado e, ao mesmo tempo, os técnicos impartirán unha pequena charla informativa sobre a súa utilización e como sacarlle un maior rendemento.

Doutra banda unha actividade similar levarase a cabo o martes 19 de outubro no Círculo Recreativo Cultural de Redondela; o xoves 21 de outubro no Multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela e o martes 26 de outubro no Multiúsos da Xunqueira, todos ás 20 horas. Nesta ocasión, amais da entrega de composteiros, ofrecerase información sobre a compostaxe comunitaria.

Compostaxe

Compostaxe comunitaria

A compostaxe comunitaria permite, entre outras cousas, que poidan participar na reciclaxe de residuos orgánicos domésticos aquelas persoas que non poidan optar á compostaxe doméstica –por non cumprir os requisitos ou calquera outra circunstancia– ou que simplemente non desexen contar cun composteiro individual.

Trátase, explica o concelleiro de Medio Ambiente, de ofrecer á cidadanía todas as ferramentas que precisan para «ben de xeito individual ou comunitario, realizar un cambio de tendencia no tratamento tradicional do lixo orgánicos conseguindo, a cambio, un abono de primeira calidade e contribuíndo a unha redución dos residuos sólidos urbanos».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.