Galicia

A próxima semana Galicia dirá ‘adeús’ á situación de emerxencia

Xa dura máis de ano e medio

O Comité Clínico que asesora á Xunta na xestión de pandemia, aprobará o martes que vén, case con total seguridade, o fin da emerxencia sanitaria na que está Galicia dende marzo de 2020, hai máis de ano e medio.

Máscara e distancia seguirán vixentes

A nova anticipouna o presidente Feijóo quen adiantou que as medidas básicas de proteción contra o virus seguirán vixentes– o uso de máscara no interior de recintos e locais públicos, e o mantemento da distancia interpersoal de seguridade.

«Cautela»

Todas as demáis é previsible que desaparezcan, entre elas o aumento dos aforamentos. Iso sí, Feijóo insistiu en que é necesario seguir tendo «cautela» e subliñou que a decisión final axustarase ao que diga o Comité Clínico.

Pode haber marcha atrás

O xefe do Executivo galego repetiu que estas medidas que agora van no camiño de volta á normalidade anterior á COVID, poden ter marcha atrás se a situación epidemiolóxica o recomenda. Por iso ,insistiu, hai que manter a «prudencia» e seguir coas medidas hixiénicas e de autoprotección.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.