Cultura Vigo al minuto

“Máis que Blues-Cervezas Alhambra”, tres concertos, tres noites cheas de música e vida en Vigo

Dende o 22 de outubro, con Luke Winslow e Roberto Luti

O Ciclo Internacional de Blues “Mais Que Blues – Cervezas Alhambra” retoma a sua programación en Vigo tras meses de silencio por causa da pandemia.

Manténdose fiel os seus principios, o “Mais Que Blues – Cervezas Alhambra” volverá traer grandes nomes internacionais do Blues, Soul, R&B, a cidade olívica, como así leva feito dende 2018. Un exemplo delo:  Ana Popovic, Tail Dragger, Terry Harmonica Bean, James Armstrong, Velma Powell, Michael Dotson...

O regreso do Mais Que Blues virá acompañado da actuación de tres bandas de renombre internacional, tres concertos onde poderás sentirte novamente vivo.

Luke Winslow&Roberto Luti (USA)

22 Outubro / 21:00 H. / 12€ Ant 15€ Taq.
Luke Winslow e Roberto Luti levan moitos anos percorrendo o mundo xuntos, compartindo de escenario en escenario a sua visión e o seu amor polo Blues, Soul, Folk, Jazz… e toda esa música que mamaron nas ruas e nos clubs de Nova Orleans. Son unha perfecta conxunción de poderes, un combo inseparable, Luke como compositor, letrista e voz sempre arroupado pola gran maestría as seis cordas de Roberto, un dos mellores Slide Guitars actuais.

The Buttshakers (FRANCIA)

29 Outubro  / 21:00 H.  / 15€ Ant. 18€ Taq.
Será o único concerto de The Buttshakers en Galicia,  onde esta banda francesa liderada pola carismática Ciara Thompson (St. Louis USA) non deixará a ninguén indiferente co seu derroche de enerxía sobre o escenario.

A base de Rhythm and Blues, Soul, Funk e esa dose de enloquecido Garage farán bailar e gozar a todos os que acudan a Sala Rouge.

Dende Tina Turner pasando por  Sharon Jones, The Sweet Vandals, Charles Bradley, James Brown, Bellrays ... son algunhas das súas referencias. Seis músicos sobre un escenario, unha  Bomba Explosiva chamada: The Buttshackers.

Watermelon Slim (USA)

20 Novembro /  21:00 H. /  15€ Ant.  18€ Taq. Único concerto en Galicia de Watermelon Slim, toda unha lenda viva do BLUES que virá directamente dende o cruce de camiños onde Robert Johnson pactou co diaño (Clarksadale-Mississippi) ata Vigo, para deleitarnos co Blues de sempre.

Virá en formato trío, cargado de cancións cheas con experiencias vividas en primeira persoa, de rabia e dor, de esperanza e frustración, amenizadas sempre ca sua armónica , o slide guitar e esa inconfundible desgarradora voz.
Todo un privilexio que unha lenda do Blues se achegue ata a Vigo para tocar no Mais que Blues.

Todas as entradas están xa á venta en: www.ataquilla.com  / Discos Elepé / Honky Tonk Discos.

También te puede interesar