Vigo al minuto

Feijóo anuncia que dende o curso 2022-23 todas as escolas infantís serán gratuitas en Galicia

Para as nenas e nenos de 0 a 3 anos

Feijóo anuncia que dende o curso 2022-23 todas as escolas infantís serán gratuitas en Galicia

O presidente Feijóo, anunciou hoxe, primeiro día do Debate sobre o Estado de Galicia, que as Escolas Infantís galegas, públicas, privadas e de iniciativa social, así como as municipais que estean ao día co Consorcio (que non é oi caso de Vigo), serán gratuítas desde o primeiro fillo a partir do próximo curso.

Gratuidade xeral

Feijóo asegurou que Galicia “é xa pioneira” na gratuidade dos segundos fillos e sucesivos e agora implanta a gratuidade xeral para as nenas e nenos de 0 a 3 anos dende o curso 2022-2023.

 O presidente subliñou que hoxe, o principal reto do país é o seu “declive demográfico, que fai que Galicia perda poboación e que haxa máis cidadáns anciáns que cativos.

También te puede interesar