Ciencia y Tecnología Cultura

‘Othello’, en Vigo

O vindeiro día 22, no Auditorio Mar de Vigo

'Othello', en Vigo

Fotografía: Estrella Melero/A compañía de teatro de vangarda Voadora regresa aos escenarios galegos por partida tripe este outono co seu celebrado Othello.

A peza, dirixida por Marta Pazos, poderá verse no Auditorio Mar de Vigo o venres 22 de outubro, ás 20.00h, e o sábado 23, ás 20.30h, no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT). Ademais, xa no mes de decembro, o venres 10, aterrará no Teatro Rosalía Castro da Coruña.

Unha versión transgresora da obra de Shakespeare

Othello é a terceiro montaxe de Shakespeare que aborda Voadora, nunha visión transgresora, celebrada por público e crítica desde a súa estrea absoluta en Madrid o pasado mes de maio.

A adaptación do libreto, asinada polo dramaturgo ourensán Fernando Epelde, está atravesada pola posverdade e as violencias machistas. Tamén, tal e como é habitual nas propostas de Pazos, a hibridación de linguaxes e a plástica terán especial protagonismo na escena. 

O espectáculo, unha coprodución de Voadora coa MIT Ribadavia, o Teatro de La Abadía e o Nacional São João de Porto, pretende por o foco nas personaxes femininas da traxedia.

A actriz María Vázquez introducirase na pel de Desdémona, acompañada sobre as táboas polos intérpretes Ángel Burgos, Ana Esmith (Miss Beige), Chumo Mata, Hugo Torres e Joaquín Abella. 

Tal e como indica Marta Pazos, «desde a súa estrea, Othello contou con múltiples interpretacións, dando pé a numerosas percepcións culturais, tanto de raza como de xénero. Desde Voadora queriamos facer unha adaptación que nos permitise pasar tempo no universo das mulleres e abrir un espazo para elas».

A partir do texto de Epelde, a compañía propón un debate arredor de cuestións como a construción do xénero e da identidade, a percepción individual ou a conformación e estrutura do sistema patriarcal. Para isto, Marta Pazos despoxa as personaxes da súa pel e do seu xénero, coa intención de conectar «coa súa máis pura esencia e o seu máis profundo conflicto». 

Equipo artístico

Baixo a dirección de Marta Pazos, que tamén é a responsable do espazo escénico, Voadora propón un Othello no que o xénero flúe.

O elenco, conformado por Joaquín Abella, Ángel Burgos, Ana Esmith, Chumo Mata, María Vázquez e Hugo Torres, recrea unha peza na que Iago, o alférez de Othello, move baixo a razón dos seus caprichos as inseguridades do seu superior, para tecer con fíos raciais e de xénero unha arañeira que atrapará as demais personaxes.

O espectáculo, con música orixinal de Hugo Torres, conta con Silvia Delagnau como responsable de vestiario e con María Cabeza de Vaca á fronte da coreografía. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.