Cultura

Nigrán arranca este sábado o ‘Mes do Teatro’ coa compañía viguesa ‘Atrezo’

A programación durará ata o vindeiro domingo, día 31

Nigrán arranca este sábado o 'Mes do Teatro' coa compañía viguesa 'Atrezo'

O Concello de Nigrán arranca este sábado o ‘Mes do Teatro’ coa compañía viguesa Atrezo Teatro no Auditorio Municipal ás 20:00 horas con tres obras de microteatro, ‘A conciencia’ (20 minutos), ‘As camelias brancas’ (20 minutos) e ‘A chaqueto de borreguito’ (17 minutos) .

Esta actuación forma parte do convenio coa Federación Galega de Teatro Afeccionado baixo o título ‘Fegateatro Nigrán 2021’. A entrada é de balde ata completar o aforo autorizado.

Sábado, 16

O sábado 16 será o turno do grupo de A Estrada ‘Disfunción continua’ coa obra ‘Departamento de selección’, dirixida a un público maior de 15 anos e cunha duración de 1h10 minutos.

Trátase dunha peza na que un grupo de persoas acceden a unha entrevista de traballo para entrar nunha multinacional, pero a dureza das entrevistas converterán o proceso selectivo nun xogo cruel e perverso que sacará o peor de cada personaxe. A obra supón unha crítica á deshumanización do mundo capitalista que nos converte en inimigos e competidores dispostos a emprender unha loita salvaxe na que todo vale.

Está dirixida por José García e interpretada por Clara Iglesias, Rosa López, María Porto, Bea del Río e Natalia Carbajal.

Domingo,17

A programación continúa o domingo 17 ás 19:00 horas coa obra de teatro cego ‘Coa mirada nas túas mans’ da compañía Lohengrín, de San Andrés de Comesaña (Vigo).

Esta función obtivo o segundo premio da categoría Teatro nos Xuventude Crea 2020. Pertence ao xénero de teatro sensitivo xa que é unha obra pensada para público cego, con visión reducida e para as persoas que o queiran presenciar cos ollos tapados. Ten unha duración dunha hora e está pensada para público maior de 14 anos.

Sábado, 23

O sábado 23, a través do programa Tornar as táboas da Deputación de Pontevedra, acude ao Auditorio Municipal a compañía viguesa ‘Fulano, Mengano e Citano’ coa obra ‘Top Manta’.

Os cortes económicos como consecuencia da crise empuxan a dous actores a cambiar os grandes escenarios polo top manta na rúa. Como todas as producións da compañía viguesa, ‘Top Manta’ é unha comedia crítica e sarcástica sobre a realidade, aínda que os seus responsables, escapan do «politiqueo barato».

Finalmente, o ‘Mes do Teatro’ péchase o domingo 31 coa comedia para todos os públicos ‘Lisístrata’ do grupo ourensán Teatrino.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.