Galicia Sucesos

Concentración en apoio á veciña de Vigo agredida polo dono dun can ao que estaba maltratando

Acabou no hospital con fracturas na cara e golpes por todo o corpo

Concentraci´ón en apoio á veciña de Vigo agredida polo dono dun can ao que estaba maltratando

A Asociación AGA (Activistas Galegas Antiespecistas) convocan este domingo 3 de outubro en Vigo (12:00h. no Paseo Marítimo de Bouzas, diante da igrexa), unha concentración para “amosar a nosa solidariedade e apoio” a Noa Alonso, unha veciña de Vigo que o pasado venres foi brutalmente agredida polo dono dun can, ao que lle recriminou que maltratase ao animal e que acabou con fracturas na cara e golpes por todo o corpo.

Repulsa contra a violencia machista e o maltrato animal

As convocantes piden á cidadanía que amose para manifestar o seu rexeitamento por este comportamento cobarde e delictivo, ás administracións públicas a condea destes feitos e que dende a xustiza se tomen medidas máis contundentes que deixar en liberdade ao agresor cunha orde de alonxamento de 300 metros da vítima, que se proceda á retirada do can maltratado do seu dono e que non se lle permita ter animáis.

También te puede interesar