Galicia Vigo al minuto

Dende o 1 de outubro, máis horas para consultar o Arquivo Pacheco

Será posible facelo todos os días, incluidos domingos e festivos

Dende o 1 de outubro, máis horas para consultar o Arquivo Pacheco

Tralas modificacións aprobadas pola Consellería de Sanidade na orde do 22 de setembro de 2021, a Concellería de Cultura de Vigo decidiu ampliar o horario de consulta de imaxes dixitalizadas do Arquivo Pacheco, nos ordenadores dispoñibles na planta baixa da Casa das Artes (Policarpo Sanz, 15).

Os novos horarios son; Luns a venres: de 11:00 a 14:00 h e de 18:00 a 21:00 h; Sábados: de 12:00 a 14:00 h e de 18:00 a 21:00 h; Domingos e festivos: de 12:00 a 14:00 h.

Por normativa sanitaria e mantemento da distancia interpersoal, limítase a consulta a dúas persoas a un mesmo tempo en sala.

También te puede interesar