Galicia Vigo al minuto

Así podes vacinarte contra a COVID sen cita previa

Os puntos de vacinación estarán abertos ata o xoves, día 30

Así podes vacinarte contra a COVID sen cita previa

O conselleiro de Sanidade, acompañado do secretario xeral para o Deporte, asistiu hoxe, no Hospital Álvaro Cunqueiro, a un acto dacampaña de concienciación da importancia da vacinación dende o deporte galego. O mesmo contou coa presenza de varios deportistas que compiten en diversas disciplinas.

Algúns destes deportistas presentes, que se incorporaron recentemente a Galicia e non estaban vacinados, o fixeron hoxe.

15 puntos abertos, sen necesidade de solicitar cita previa

Julio García Comesaña destacou que a Xunta ten abertos, ata o día 30, de maneira ininterrompida 15 puntos de vacinación en toda Galicia (Vigo: Hospital Álvaro Cunqueiro, de 9:00 a 21:00) onde é posible acudir sen cita para seren vacinado.

Tamén subliñou que a vacinación con cita a través de wassap (981 21 59 30), xa leva tramitadas nun par de días 600 solicitudes.

Máis do 90% dos galegos coas dúas vacinas postas

Remarcou, así mesmo, que “Galicia está nos mellores niveis de vacinación de todo o Estado”, cun 93,5% de porcentaxe de poboación vacinada cunha dose e no 91,5% con dúas doses, subliñando que, esta fin de semana, puxéronse máis de 7.200 vacinas, das que 3.200 foron primeiras doses, 2.700 segundas e 1.300 terceiras doses en residencias.

También te puede interesar