RGPD - Cookies
Destacados Vigo al día

Marea de Vigo pide rebaixas no IBI, o lixo e as taxas das Escolas Infantís

Tamén bonificacións nos taxis ou no Imposto de Actividades Económicas

O BNG denuncia que o Goberno local impide ver o expediente do Plan Xeral

Marea de Vigo cre que «non é entendible como a pesar da situación económica e social derivada da crise sanitaria, o Concello de Vigo decide só actuar nunha parte pequena das ordenanzas, taxas e prezos públicos que soportan os vigueses e as viguesas».

O seu voceiro, Rubén Pérez, celebra a suspensión das regras fiscais para 2022 por parte do Goberno e a posta a disposición das entidades locais máis de 6.000 millóns de euros, «entre eles os 495 millóns que por fin dan solución á incautación do IVE do 2017 que estaba pendente de devolución aos concellos». Por iso denuncia que, neste contexto, as modificacións propostas polo Goberno non se fagan directamente sobre os Impostos Directos, onde é máis fácil establecer progresividade fiscal e políticas de cobertura social: Imposto de Bens Inmobles (IBI), Imposto sobre actividades económicas, IVTM ou o de plusvalía.

Como noutras ocasións Marea de Vigo sigue a reclamar a revisión anual da totalidade das ordenanzas, sobre todo das ausentes na proposta de modificación presentada polo Goberno local.

Rebaixa da ‘contribución’

Marea de Vigo considera que unha rebaixa no tipo de gravame do IBI (actualmente en no 0,92% moi perto do máximo legal do 1,1%) sería un «importante aforro para miles de familias viguesas», do mesmo xeito que artellar bonificacións no lixo para o comercio local análogas ás da hostalería ou establecer máis progresividade e maiores exencións fiscais ás familias máis vulnerables da cidade.

Bonificacións no uso do taxi

Marea de Vigo tamén indicaba na súa proposta de emendas, a necesidade de bonificar taxas municipais en varias cuestións. Plantexaba, por exemplo, que aspectos como a mobilidade en tempos de crise sanitaria obrigaba a artellar bonificacións para familias nos usos do taxi como alternativa ao transporte público colectivo en situación de ser manifesto grupo de risco, feito que obrigaría a levar a cabo a modificación da ordenanza do Taxi.

Modificación das taxas das Escolas Infantís

Tamén propón realizar modificacións profundas nos prezos das taxas das escolas de primeira etapa de Educación Infantil e nas de Inspección Sanitaria e Desinfección, «permitindo á veciñanza e negocios da cidade maiores cautelas sanitarias».

No caso dos prezos das Escolas Municipais, Marea de Vigo solicitaba un sistema de bonificacións como urxencia pola situación devengada da COVID-19 excepcionalmente para o ano 2022, nun contexto de «perda de matriculación das escolas municipais infantis bastante preocupante e como mecanismo para fomentar a matriculación nas escolas infantís públicas».

También te puede interesar