Galicia Vigo al minuto

Ana Miranda critica que o Comisario de Pesca ignore as demandas da frota artesanal galega

Denuncia que o sector “non está para meter datos nas ‘tablets’
senón para botar os aparellos e pescar”

Ana Miranda

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, manifestou o seu desacordo coas declaracións feitas hoxe, en Vigo, polo Comisario de Pesca da UE, Virginijus Sinkevicius, nas que defende o aumento de controis da pesca artesanal, polo que o acusa de «ignorar a condicións de traballo e as demandas da frota artesanal galega«.

“Está claro que o seu paso por Vigo non significa que lle interese a situación do sector pesqueiro galego”, sinalou Miranda.

O BNG ten manifestado en reiteradas ocasións a súa defensa da exclusión da pesca artesanal galega dun incremento dos controis, recollidos no novo Regulamento de Control da Pesca da UE, que refiren, por exemplo, á obriga de declarar telematicamente as súas capturas antes de entrar a porto e de instalar cámaras a bordo en embarcacións de menos de doce metros de eslora para controlar a obriga do desembarque das capturas. “O sector non está para meter datos en ‘tablets’, senón para botar os aparellos e pescar”, comenta.

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompaña ao comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca da Comisión Europea, Virginijus Sinkevicius, e ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, hoxe nas Cíes.

Europa ignora a realidade da frota galega de baixura e artesanal

Segundo Ana Miranda, este novo regulamento, que comezou a súa tramitación en 2018, ignora por completo a realidade da frota galega, de baixura e artesanal, o cal só terá como consecuencia o desmantelamento do sector pesqueiro galego e a perda de postos de traballo.

“Galiza é unha nación pesqueira e xa é hora de que os gobernos galego e estatal defendan fronte a Bruxelas que o sector pesqueiro é un elemento
fundamental na nosa economía”.

Reparto xusto de cotas

Por outro lado, a portavoz do Bloque en Europa tamén criticou a “débil resposta da UE” ao conflito que afecta á frota bacallaeira en augas de Svalvard, en Noruega, dada a ameaza de apresar os barcos que incumpran a cota establecida unilateralmente por este país escandinavo.

Miranda referiuse tamén ao reparto unilateral das cotas de xarda por parte de Islandia, Feroe e Groenlandia, que pretenden o aumento das capturas de xarda.

“O noso sector pesqueiro atravesa unha situación complicada e non podemos consentir que Galiza saia prexudicada por decisións unilaterais de catro países fronte ao desleixo da UE, que non garante o reparto xusto das cotas”, manifesta a portavoz do BNG en Europa, quen defende que a UE aplique o Principio de Reciprocidade, como forma de acadar o desenvolvemento de relacións de mutua confianza e obrigas recíprocas a longo prazo.

Neste sentido, o BNG alerta de que a imposición da proposta de Bruxelas na que pretende que as embarcacións pesqueiras empecen a tributar polo
gasóleo a partir de 2023 conta coa oposición unánime do sector e o Bloque vai seguir insistindo nos Parlamentos con diversas iniciativas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.