Galicia

Os Servizos Sociais de Chapela comezan a atender a usuarios no multiúsos Piñeiral do Crego

A Concellería de Servizos Sociais habilitou espazos e entrada independente para garantir a privacidade

Tal e como estaba previsto, no día de esta semana comezaron as obras de ‘Acondicionamento, adaptación e mellora enerxética’ das dependencias de Servizos Sociais de Chapela, traballos que contan cun investimento de 175.329€ con cargo aos fondos EDUSI Redondela 2020.

Mentres duren as obras, as persoas usuarias dos servizos sociais de Chapela poden dirixirse ás oficinas provisionais que a Concellería de Servizos Sociais vén de habilitar no multiúsos Piñeiral do Crego. «Trátase dun servizo esencial para a veciñanza e que, como tal, non pode deixar de atender ás persoas usuarias», subliña a concelleira Iria Vilaboa.

Garantir a privacidade

Tanto a concelleira como a alcaldesa, Digna Rivas, subliñan que, dadas as especiais condicións de privacidade que a prestación dos servizos sociais require, «as dependencias provisionais serán independentes do resto de servizos do multiúsos contando cunha entrada aparte do resto da instalación».

O servizo, para maior efectividade e evitar esperas, seguirá funcionando baixo o sistema de cita previa que se pode solicitar no teléfono 986 45 89 93.

A alcaldesa agradeceu o traballo realizado pola Concellería de Servizos Sociais e as súas traballadoras «á hora de habilitar unhas dependencias que, aínda que provisionais, son funcionais e cumpren á perfección os requisitos esixible para a prestación do servizo».

Novas instalacións máis «modernas, cómodas e funcionais»

Ao mesmo tempo, Rivas fixo fincapé na importancia das obras que se están a realizar nas dependencias dos Servizos Sociais de Chapela que, apuntou, «permitirán que tanto persoas usuarias como persoal municipal, poidan contar con instalacións modernas, cómodas e funcionais».

Como todas as obras que se realizan por parte do Goberno local, as novas oficinas serán totalmente accesibles e contarán con elementos que garantan a súa eficiencia enerxética.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.