Comarcas

‘Velutineitor’ en Gondomar

O Concello dispón dunha ‘marcadora’ contra as velutinas que dispara veleno a 50 metros de distancia

'Velutineitor' en Gondomar

O Goberno local de Gondomar, a través da Concellería de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica, dirixida por Brais Misa, segue dando pasos para combater a invasión das velutinas no municipio e retirar os niños que desta especie formáronse neste ano, experimentando un ritmo de crecemento importante.

Unha marcadora para acabar cos niños

Ás trampas que no seu día se facilitaron aos apicultores da zona súmase agora unha marcadora que permitirá inocular veleno aos niños de forma directa a través do disparo de cápsulas biodegradables.

“É o 012 o que debe atender os requirimentos das persoas afectadas, pero o considerable atraso co que son atendidos fainos intervir porque o Goberno local non pode quedar cruzados de brazos”, manifestou o alcalde, Paco Ferreira.

Este ‘velutineitor’, que cumpre todos os requisitos establecidos pola normativa, permitirá acceder a aqueles niños que se atopan a máis altura, podéndose alcanzar ata os 50 metros.

As competencias son da Xunta, pero o “seu incumprimento é sistemático”

O concelleiro de Medio Ambiente reitera que é o teléfono gratuíto 012,
dependente da Xunta, ao que deben dirixirse sempre en primeiro lugar os afectados polos niños das velutinas
, pois o Goberno galego financia unha empresa específica para atender estes casos.

“Certo é que o incumprimento sistemático dos cinco días de prazo para actuar pola súa banda levan a moitos veciños e veciñas a recorrer a nós”, explica Brais Misa, quen lembra que só neste caso poden pedir axuda ao concello, cubrindo unha solicitude que pode retirarse no rexistro municipal ou a través da web.

Por iso, na práctica, as competencias as asume o Goberno de Gondomar, coa colabración de tres apicultores expertos os que no último ano facilitouselles traxes de protección integral e materiais específicos, ao que se sumaron 50 trampas para acabar coa velutina, sumando agora esta marcadora que permitirá avanzar no control desta especie invasora.

103 niños retirados no primeiro semestre deste ano

A Concellería de Medio Ambiente ten en marcha un ficheiro de control de retirada dos niños, segundo o que no primeiro semestre deste ano 2021 retiráronse xa un total de 103 niños fronte os 178 retirados en todo o ano 2019.

También te puede interesar