Galicia

Este ano, Salceda repartirá 30.000€ entre as comunidades de augas

A alcaldesa, Verónica Tourón, subliña que estas axudas revertirán nun mellor servizo á veciñanza do rural

O Concello de Salceda de Caselas vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia (BOPP) as bases  das subvencións dirixidas ás comunidades de persoas usuarias de augas para o ano 2021, co obxectivo de que melloren as súas instalacións.

Poderán ser beneficiarios destas axudas aquelas asociacións de persoas usuarias de augas legalmente constituídas, mediante un proceso de concorrencia competitiva. O obxecto da convocatoria é subvencionar obras, adquisición de materiais, man de obra ou equipamentos asociados a melloras en diversas áreas de actuación, como a captación de fontes e pozos, o mantemento e conservación dos sistemas de almacenamento e a potabilización, reparacións na rede de distribución ou o mantemento e conservación de instalacións.

Ata 5.000€ por comunidade de augas

As entidades beneficiarias poderán recibir como máximo o 70% do orzamento presentado e ata un máximo de 5.000€ por Comunidade de augas.

A publicación fíxose o 7 de setembro e o prazo de presentación de solicitudes son 15 días dende o día seguinte da publicación.  A convocatoria completa pode consultarse aquí: Base de Datos Nacional de Subvencións.

Rubén González Coto, concelleiro de Medio Rural e Medio Ambiente asegura que «cooas achegas para este ano 2021 queremos axudar as nosas traídas a mellorar os seus servicios e a calidade das mesmas».

Pola súa banda a alcaldesa, Verónica Tourón, subliña que «por primeira vez, Salceda conta con 30.000€ no seu orzamento para subvencións a traídas de augas parroquiais, estou convencida de que estas axudas revertirán nun mellor servizo á veciñanza do noso rural».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.