Comarcas

O Concello de Tui reformará o Pantalán de Pescadores na desembocadura do Tripes

O investimento nas obras será de preto de 50.000€

O Concello de Tui reformará o Pantalán de Pescadores na desembocadura do Tripes

O Concello de Tui reformará o Pantalán de Pescadores, situado nas inmediacións do Centro Interfederado, na desembocadura do río Tripes, será reacondicionado e remodelado dentro do proxecto “Río Miño: un destino navegable” aprobado polo programa europeo Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP).

As obras xa están adxudicadas á empresa tudense Ronáutica Quality Marinas S.L por un importe de 47.884.30 €.

Turismo sostible

A remodelación prevista polo Concello de Tui permitirá o uso compartido desta infraestructura para o atraque de barcos turísticos que naveguen polo Miño e os pescadores e particulares que utilizan actualmente este pantalán como punto de amarre.

As actuacións previstas dentro deste Programa farán posible posicionar ao río Miño transfronteirizo como un destino turístico de referencia, potenciando actividades de turismo sostible, como rutas polo río que inclúan visitas a distintos puntos das beiras do Miño.

Para acadar estes obxectivos faise imprescindible a mellora da navegabilidade neste tramo, para o que, ademais doutra serie de actuacións, é necesario instalar pantaláns de atracada que faciliten o acceso ás diferentes zonas que se propón visitar.

Cambio dos accesos e substitución do chan de madeira

Os traballos previstos contemplan a substitución do chan de madeira existente no pantalán por un piso de composite; cambio da pasarela existente por unha nova máis ancha, e tamén da plataforma de acceso actualmente en terra.

Ademais, tamén levarase a cabo o recrecido dunha das patas do tramo fixo; a substitución do portalón existente por un situado no tramo fixo
de acceso e a montaxe dunha peza de conexión co pantalán, en forma de ‘T’ baixo a pasarela e o atraque.

Novo mobiliario

Con esta remodelación dotaráse de mobiliario a zona instalando dous bancos de 1,8 metros de lonxitude, e unha pérgola de 4×2 metros cadrados, con estrutura de perfís de aluminio encostados ao muro traseiro e lamas de aluminio, orientables mediante un dispositivo manual.

Por último, colocarase un cartel indicativo de madeira serigrafiado instalarase duas flechas sinalizadoras nas cercanias deste pantalán.

También te puede interesar