RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

Nigrán, único concello da área de Vigo en nivel medio de restricións pola Covid

En Galicia non queda ningún en nivel máximo

Nigrán, único concello da área de Vigo en nivel medio de restricións pola Covid

O comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, o nivel alto de restricións para os concellos de Melide, Monforte de Lemos, Curtis, A Pobra de Trives e Viana do Bolo. Deste xeito, non queda ningún municipio galego en nivel máximo.

Nigrán no nivel medio

Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Muros, Santa Comba, Agolada, Arzúa, O Pino, Ordes, Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas de Rei, Sarria, Arteixo, Muxía e Nigrán.

Os restantes  concellos galegos, Vigo entre eles, permanecerán no nivel medio baixo. Estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 11 de setembro.

También te puede interesar