Galicia Vigo al minuto

Mos e Redondela contarán con preto de medio millón de metros cadrados máis de chan industrial

371.710 m2 estarán en Mos e 126.562 m2 en Redondela

A modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (PSOAEG) permitirá habilitar preto de medio millón de metros cadrados de solo industrial nos concellos de Mos e Redondela.

Así o anunciou onte a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que se reuniu en Mos coa alcaldesa, Nidia Arévalo, e o presidente da Asociación de Empresarios do municipio (Aemos) para explicarlles o alcance que terá para esta zona a nova planificación na que traballa o seu departamento co fin de actualizar e redefinir as prioridades da Comunidade en materia de áreas empresariais.

371.000 m2 en Mos e 126.000 en Redondela

En concreto, o novo ámbito previsto está proxectado en Louredo e ocupará unha superficie de 498.272 m 2 dos cales a gran maioría (371.710 m 2 ) estarán en Mos e os 126.562 m 2 restantes en Redondela.

“Dos 7 millóns de metros cadrados que imos planificar de cara ao futuro con esta modificación, 500.000 pertencen a Mos e Redondela. Porque hai demanda e porque tan só restan cinco parcelas por vender no polígono existente, o de Veigadaña, explicou a conselleira.

Ángeles Vázquez recoñeceu que esta é unhas das “áreas estratéxicas” desde o punto de vista empresarial polas que aposta a Xunta e avanzou que a súa ampliación se atopa en fase de avaliación ambiental co obxectivo de aprobalo de forma inicial no último trimestre e definitivamente, en 2022.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.