Deportes Vigo al minuto

O campión da NBA Craig Hodges, en Vigo facendo o Camiño de Santiago

O xogador pasou pola cidade en dirección a Redondela

A delegada territorial da Xunta en Vigo acompañou hoxe ao ex xogador da NBA Craig Hodges que estes días está a realizar o  Camiño Portugués da Costa. Tras recibilo está mañá no albergue de peregrinos na Praza do Berbés, Marta Fernández-Tapies e o xogador de baloncesto realizaron xuntos o tramo da ruta xacobea que percorre a cidade en dirección a Redondela.

Craig Hogdes, bicampión cos Chicago Bulls de Michael Jordan (1991 e 1992), é o protagonista este ano do documental «O Camiño acaba no Obradoiro» na súa sétima edición, que anualmente atrae a figuras de relevancia nacional e internacional do baloncesto para realizar algunha das rutas xacobeas.

Camiño Portugués

A delegada indicou que o Camiño Portugués da Costa, que atravesa Vigo, segue a ser un dos máis demandados, elixido xunto a vertente do interior polo 25% dos peregrinos que chegan a Compostela.

A diversidade na procedencia dos peregrinos que durante este tempo se aloxaron no albergue do Berbés confirma, en opinión da delegada territorial, a popularidade do Camiño nos diferentes territorios e especialmente do Camiño Portugués da Costa, un dos que se rexistrou os maiores incrementos no 2019 e que se mantén en auxe. Viaxeiros de 41 países reservaron praza no albergue vigués e de 14 comunidades autónomas.

Hostalería e comercio

Fernández-Tapias, volveu a insistir na oportunidade que supón a celebración deste Ano Santo Xacobeo bianual e no agradecemento da Xunta á hostalería e o comercio vigués pola súa implicación e colaboración na sinalización desta ruta, entendendo a importancia estratéxica que supón o Camiño Portugués da Costa e ante a negativa do Goberno vigués a permitir a sinalización do percorrido no termo municipal da cidade.

Referendou ademais o compromiso da Xunta para ofrecer as máximas garantías para que a Comunidade sexa sinónimo de destino seguro, con medidas como o sistema de reservas online nos albergues; ou a posta en marcha da aplicación PassCovid e do Seguro Covid, para dar cobertura aos viaxeiros no caso de que enfermen durante a súa estancia na Comunidade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.