Cultura Vigo al minuto

Axenda Cultural do mes de setembro en Vigo

As actividades serán con aforos reducidos, control de medidas hixiénicas e sempre con máscara

Cultura Vigo

A Área de Cultura do Concello de Vigo, adianta o contido da ‘Programación Cultural’ do mes de setembro’. Dende a concellería sinalan que a mesma será “con aforos reducidos e control de medidas hixiénicas e de seguridade
según normativa vixente COVID19, sendo obrigatorio o uso de máscara”.

Programación artes escénicas no Auditorio do Concello

As entradas á venda en: www.giglon.com dende o 2 de setembro; na Librería Librouro (Eduardo Iglesias, 12-Vigo), de luns a venres, de 10:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h; e no despacho de billetes do Auditorio Municipal dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que houbese entradas dispoñibles).

Presentación da programación, ‘Inventi Teatro’, “A gran viaxe”, ás 19:00 h na rúa do Príncipe, venres 24 e sábado 25.

Cine, música e outras colaboracións

VIGO, UN MAR DE CORAIS

Praza Galegos Ilustres: días 4, 5, 11, 12, 18, 19, 25 e 26; ás 19:00 h

Alameda de Bouzas: días 4, 5, 11, 12, 18, 19, 25 e 26; ás 19:00 h

VIGO, UN MAR DE BANDAS

Praza da Independencia: domingos 5, 12, 19 e 26; ás 12:30 h.

Parque de Castrelos: domingos 5, 12, 19 e 26; ás 19:00 h.

Mercado de Teis; sábados 4, 11, 18 e 25; ás 19:00 h

CINE CLUBE LUMIERE
Proxeccións os luns 6, 13, 20 e 27, ás 20:30 h. Auditorio Municipal do Concello.

ÓPERA NO CINE
Martes 14 e 28, ás 19:00 h, Auditorio Municipal do Concello.
Películas: “Macbeth (Verdi)”; “Der Fliegende Holländer (Wagner)”

ALIANZA FRANCESA DE VIGO
Proxección en VOS o mércores 15, ás 20:30 h. Auditorio Municipal do Concello.

CINE CLUBE LUMIERE. Proxeccións en itinerancia do CGAI
Proxeccións os xoves 16 e 23, ás 20:00 h, Auditorio Municipal do Concello.

OUTONO LÍRICO 2021: BEL CANTO GALA
Venres 17, ás 20:00 h, Teatro Afundación
Arias e dúos de Massenet, Gounod, Donizetti, Arrieta e Vives
Ismael Jordi (tenor), Sabina Puértolas (soprano) e Rubén Fernández Aguirre (piano).

Bibliotecas públicas

BIBLIOTECA MUNICIPAL “XOSÉ NEIRA VILAS”
Servizos: Información, referencia e atención ao público; lectura, consulta en sala e consulta en ordenadores; hemeroteca; préstamo; prórroga e reserva de documentos; solicitude de adquisicións; internet; reprografía; Biblioteca dixital: Galicia Le e EfilmVigo; formación de usuarios /as; extensión cultural.

Recomendación do mes. Rabindranath Tagore, do 1 ao 30. Horario de apertura da biblioteca
*Terrazas de verán. Literatura e música (previa inscrición):
Encontro coa escritora Amara Castro. Xoves 2, ás 19,30h.
Concerto Javier Marcos Trío. Luns,6, ás 19,30h.
Encontro coa escritora María Reimóndez. Xoves 9, ás 19,30h.

BIBLIOTECA PÚBLICA “JUAN COMPAÑEL”

EXPOSICIÓNS:
*De Caminho a camino: o camiño portugués da costa.
Descrición das etapas e lugares que conforman o Camiño Portugués da costa, para dalo coñecer entre os nosos usuarios como turismo de proximidade, especialmente neste Xacobeo 21-22.
A exposición irá acompañada dunha bibliografía e centro de interese con guías turísticas e obras vinculadas aos lugares senlleiros deste vieiro tradicional. Até o 30 de setembro

Contos de onte: que lían os nosos avós?
Mostra bibliográfica que recolle as historietas e libros que lían os nosos avós e as nosas avoas na súa infancia. Até o 30 setembro.

ACTIVIDADES

Apertura do prazo de inscrición no obradoiro de banda deseñada 2021-2022:
• Prazo de inscrición: 7 de setembro.
• Impartido por María Vilar.
• Forma de inscrición: na hemeroteca ou por teléfono no 886 120 445.
• Data de inicio das sesións: 16 de outubro.
• Periodicidade: os sábados de 12:30 a 13:50.
• Idade: a partir de 6 anos.

Apertura do prazo de preinscrición nos clubs de lectura 2021-2022:
Volven os clubs de lectura á biblioteca. Cun novo formato de inscrición e grupos para garantir as mellores condicións de seguridade.
Preinscrición non presencial: a partir do 15 de setembro recolleremos tódalas peticións de preinscrición por dúas vías:
◦ Teléfonos: 886 120 440 / 886 120 445 / 886 120 456
◦ Formulario web: habilitarase no sitio web da biblioteca o día de inicio do
prazo de preinscrición.
Con tódalas solicitudes recibidas eses días realizarase un sorteo para cada club de lectura segundo o día, idioma e horario.
Idiomas, días e horarios dispoñibles: 6 grupos en total, poderedes
preinscribirvos nos grupos que queirades, pero só poderedes asistir a 1 (se
unha persoa saíse elixida en dous sorteos, se lle asignará o grupo no que
saíse primeiro):
◦ Francés: luns 19:00-20:00 h.
◦ Italiano: martes 19:00-20:00 h.
◦ Castelán: mércores 18:00-19:00 h.
◦ Inglés: mércores 19:30-20:30 h.
◦ Portugués: xoves 18:00-19:00 h.
◦ Galego: xoves 19:30-20:30 h.
• Cada grupo terá un máximo de 12 asistentes.
• Data de inicio das sesións: 18 de outubro.

CASA GALEGA DA CULTURA
Bibliotecas e Arquivos da Fundación Penzol e Francisco Fernández del Riego. Servizos: consulta en sala; información bibliográfica-arquivística e referencia; reprografía.

REDE DE MUSEOS MUNICIPAIS

CASA DAS ARTES: Exposición temporal: “Javier Teniente. Unha xeografía atormentada”. Planta baixa. Até o 5 de setembro. Exposición temporal: “A intimidade da imaxe. ANNA TURBAU, Galicia 1975-1979”. Promove: Consello da Cultura Galega. Planta baixa. Do 17 de setembro ao 7 de
novembro.

Colección Luís Torras, planta segunda. Arquivo Pacheco: consulta de imaxes dixitalizadas, planta baixa. Só en horario de mañán. Fundación Laxeiro, planta terceira, mostra da Colección Permanente.

Exposición temporal: “Recordoleterlorintorel”. NEG. Até o 19 de setembro.
CASA GALEGA DA CULTURA.

Museo Francisco Fernández del Riego, exposición temporal: “IMPOSIBLE! Vestidos especulativos”. Organiza: Universidade de Vigo. Até o 5 de setembro. VERBUM

Exposición temporal: “A poesía do retrato”. Fotografías de Xulio Xil e textos
poéticos de Xela Arias. Organizan: Concello de Vigo e Deputación Provincial de Pontevedra.

MUSEO MUNICIPAL “QUIÑONES DE LEÓN”

Colección Arqueolóxica. Recreación do pazo galego e colección de pintura antiga e artes decorativas.

PINACOTECA “FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO”

Exposición permanente: “A nova colección Colmeiro”, planta terceira. Exposición temporal: “DENTRO E FÓRA. Un achegamento á representación do espazo na plástica galega contemporánea”, panta baixa e primeira, até o 24 de outubro.

MARCO-MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA

“4 PROXECTOS: Mónica Alonso, Rosendo Cid, Salvador e Juan Cidrás, Mar
Vicente Salas de exposición da planta baixa. Até o 12 de setembro.

“DIN MATAMORO. A mirada acesa”. Salas de exposición do 1º andar. Até o o 7 de novembro.

“GLENDA LEÓN. Música das formas”. Salas de exposición do 1º andar. Até o 31 de outubro.

MUSEO LISTE-ETNOGRÁFICO DE VIGO
Exposicións: Permanente. Temporais: “Do paínzo ao millo: os mil grans”; “Sororidade: Ilustrad/AS” ; “(A)pegadas: transitar onte para camiñar hoxe” (martes 14: intervención do artista Thomas Apostolou na Sala do Peche coa obra “Not only does God definitely plays”). Actividades para grupos (previa solicitude).

Actividades complementarias: “Os sons do traballo” (Infantil e 1º ciclo de
Primaria). Talleres de coñecemento: “ Instrumentos humildes” (todos os públicos) Actividades especiais para familias: “Descubrindo o Liste” (sen necesidade de solicitude previa).

Actividades previa inscrición: Obradoiro de escrita creativa contra as violencias de xénero: “Sandar a fenda patriarcal”, impartido por Andreia Costas (escritora e audiovisual). Colabora “Asociación Mulleres e Palabras”. Datas: 8 e 15, de 17:30 a 19:30 h.

También te puede interesar