Galicia Vigo al minuto

O alcalde de Nigrán pide á Xunta imite ao Goberno e rebaixe a peaxe da AG-57

Tódolos tramos da AG-57 teñen un custe o que impide que funcione coma circunvalación do Val Miñor

O alcalde de Nigrán, Juan González, e a deputada nacional, Ángeles Marra, mantiveron un encontro para informar das diferentes axudas económicas que aprobará o Goberno central en beneficio dos concellos.

Estas forman parte do ‘Plan de recuperación, transformación y resiliencia’ con reformas e investimentos por importe de 70.000 millones –2.700 para a provincia de Pontevedra– entre 2021 e 2023.

Rebaixas na peaxe da AG-57

Ao respecto, o alcalde de Nigrán, trasladou os seus parabéns ao Goberno do por ter rebaixado os peaxes da AP-9 e reprendeu á Xunta por non dar ningún paso a prol da gratuidade da AG-57, autoestrada do Val Miñor, de competencia autonómica. 

«O goberno de España ven de aprobar unha rebaixa histórica na AP-9 que inclúe a gratuidade no tramo Vigo-Redondela, mentras que a Xunta mantén a discriminación aos veciños do Val Miñor», sinalou.

Así, esta autoestrada do Val Miñor, da que o Grupo Itinere ten a concesión ata o ano 2045, ten un custo de 1’15 € no traxecto Baiona-Nigrán, 0’80 € Vincios- A Ramallosa ou 0’35 € Nigrán-A Ramallosa.

Coa rebaixa aprobada na AP-9, será máis caro, por exemplo, ir de Baiona a Vigo que de Vigo a Pontevedra.

«A Xunta non considera esta cuestión para o Val Miñor, é un agravio comparativo», sinala o alcalde, Juan González, quen incide en que o feito de que tódolos tramos da AG-57 teñan un custe impide que esta funcione como a verdadeira circunvalación que precisa o Val Miñor.

O goberno de Nigrán lembra que as circunvalacións das grandes áreas de Galicia son gratis, máxime cando unen cunha gran cidade. «A supresión é algo moi necesario para o día a día dos veciños do Val Miñor, pero é que ademais, no caso de Nigrán, resta competitividade ao Parque Empresarial Porto do Molle.

González engade que é a autoestrada AG-57 a que de xeito máis rápido e directo, conecta o Val Miñor con servizos básicos como o Hospital Álvaro Cunqueiro, a Universidade de Vigo, o Aeroporto de Peinador ou o Parque Tecnolóxico de Valadares. «Ir ao hospital ou á Universidade non pode significar para os nosos veciños un plus de desembolso con respecto a outras áreas».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.