Comarcas

Redondela denuncia os actos vandálicos no monumento ás persoas fusiladas

Inaugurado o pasado 14 de abril foi obxecto de pintadas

O monumento que o Concello de Redondela erixiu en memoria das persoas asasinadas nos primeiros anos da Guerra Civil, foi obxecto nestes días de actos vandálicos que afectaron á escultura e ao panel explicativo.

«Estes feitos non son máis que o reflexo da intolerancia dunha minoría ás que lles molesta un sistema democrático que defende a liberdade, a tolerancia e a igualdade», asegurou a alcaldesa.

Pese a actitude desta minoría, o Goberno local redondelán ratifícase na necesidade «de traballar no recoñecemento e reparación das vítimas do franquismo, propiciar actividades de concienciación e coñecemento do sucedido».

O Concello redondelán actuará axiña para reparar o monumento «para que continúe a ser un faro de memoria». Digna Rivas lembra que Redondela «asume como propios os valores da liberdade, igualdade e fraternidade que emanan da cultura republicana».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.