Galicia

Desmantelada para chatarra a planta de Varilongo que recibiu 600.000€ da Xunta a fondo perdido

Nunca funcionou e obtivo os cartos pese a varios informes en contra

Ecoloxistas en Acción denuncia que a planta de Varilongo, que recibiu máis de 600.000€ da Xunta a fondo perdido, desmantelouse para chatarra.

Os ecoloxistas, xunto con colectivos ambientais e veciñais denunciaron que carecía das preceptivas autorizacións.

A organización ecoloxista lembra que o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), dependente da Xunta achegara 645.855€ a esta planta de tratamento, que nunca chegou a funcionar.

Un proxecto de 2012

En outubro de 2012, o entón Director Xeral de Enerxía e Minas Ángel Bernardo Tahoces, «hoxe imputado por prevaricación ambiental», aprobou o proxecto.

O feito é aínda máis grave, considerando que as intalacións aínda no estaban autorizadas. Ademáis, os informes do IGAPE consideraran o proxecto «cuestionable» e «de calidadd marxinal».

Así o indicara o Consello de Contas de Galicia no seu «Informe de Fiscalización de Programas de I+D+i. Exercicios 2009-2010. Isto non impediu que o IGAPE concedese a subveción. A proba do despilfarro é que en 2013, a empresa mineira foi a concurso de acredores.

Todo para chatarra sen ter funcionado nunca

Na última semana a veciñanza de Santa Comba presenciou como se desmantelaban as instalacións, convertidas en chatarra.

«Ante as sospeitas de que a actuación non contaba coas preceptivas autorizacións da Xunta e do Concello de Santa Comba, presentáronse varias denuncias».

A mesma empresa xa fora denunciada a finais de 2020 por verteduras con altas concentracións por metais pesados o que levou a Augas de Galicia a iniciar un expediente sancionador. No mesmo punto dos vertidos, o denominado «transveral Carballeira», o propio Concello de Santa Comba tivera que iniciar outro expediente de reposición da legalidade urbanística, por realizar obras sobre vías públicas sen autorización.

«Corrupción e derroche de fondos públicos»

Para as organizacións denunciantes, o caso da planta de Varilongo é paradigmático da «corrupción e derroche de fondos públicos por unha administración cómplice das mineiras».

Ecoloxistas en Acción teme que o uso inapropiado dos fondos europeos se repita agora cos fondos NEXT Generation de inxectarse novamente nunha «industria mineira totalmente especulativa e insostible».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.