RGPD - Cookies
Comarcas

A Policía Local de Tui detecta máis de 180 vehículos sen seguro ou sen pasar a ITV

En controis realizados de xaneiro a xuño

A Policía Local de Tui detecta máis de 180 sen seguro ou sen pasar a ITV

A Policía Local de Tui coordinou, entre xaneiro e xuño, controis de Seguridade Cidadá e Tráfico, organizados en diferentes puntos do concello.

O seu obxectivo era comprobar o adecuado mantemento de vehículos, motocicletas e ciclomotores, e que os mesmos se atopen en posesión de toda a documentación obrigatoria. En especial, os axentes prestaron atención ao Seguro Obrigatorio de Automóbiles (SOA) e a Inspección Técnica de Vehículos (ITV).

Ademais, a Policía Local de Tui intensificou a vixilancia do uso do cinto e de dispositivos móbiles e, especialmente, o control do consumo de alcohol e drogas.

Doutra banda, cómpre salientar a estreita colaboración coa Garda Civil para realizar as probas de alcohol e drogas no centro urbano, a pesar de que, na actualidade, a Policía Local de Tui dispón soamente de 5 axentes en activo.

134 sen ITV e 47 sen seguro

En termos absolutos nas máis de 200 sancións impostas, comprobáronse os datos de centenares de vehículos nos controis efectuados polos axentes locais. En total, se propuxeron para sanción 134 deles por circular coa ITV caducada, desfavorable ou negativa; 47 propostas para sanción por carecer de Seguro Obrigatorio de Automóbiles (SOA); 17 denuncias por conducir con presenza de drogas no organismo e 5 denuncias por alcoholemias positivas.

También te puede interesar