Cultura

O Festival de Cans acollerá o II Concurso ‘Pintar o Cine’

Os candidatos e candidatas poden inscribirse enviando un correo a [email protected]

O Festival de Cans acollerá por segunda vez o Concurso «Pintar o Cine» de Pintura Rápida. A actividade, que estará patrocinada pola empresa GALPI (Galicia de Pinturas), terá lugar no Porriño, no entorno da Praza do Concello, o xoves 2 de setembro.

O concurso que se realizou con éxito por primeira vez no ano 2019, non se celebrou na edición pasada por motivo da pandemia. A organización estimou este ano retomar a actividade ante a mellora en materia sanitaria. Non obstante, o día do concurso a organización cumprirá estrictamente coas normas que estableza a lexislación vixente nese momento.

Pintar no momento

Os e as participantes pintarán unha obra in situ para desfrute do público, que poderá observar como desenrolan as súas creacións desde o comezo ata a finalización. A temática do concurso será «Pintar o cine», en virtude da cal os creadores e as creadoras terán que elaborar unha obra que conteña unha escena dunha película coñecida e que inclúa a silueta do can de Cans.

Os candidatos e candidatas poderán inscribirse enviando un correo electrónico a [email protected] con data límite, domingo 15 de agosto. As 10 propostas finalistas serán elixidas por unha comisión de persoas da organización do festival.

O xurado do concurso estará composto por tres persoas relacionadas co mundo da arte, e estará encabezado pola Directora Artística do Festival de Cans, Isis Rodríguez. As dúas mellores creacións serán premiadas da seguinte forma: 1º Premio: 400€ + Estatuiña en pedra realizada polo artesano local Paco Candán. 2º Premio: 200€ + Estatuiña en pedra realizada polo artesano local Paco Candán.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.