Galicia Vigo al minuto

A Xunta elimina un vertido de augas residuais en Vigo

Baixo a ponte, na Avenida de Vigo

Novo vertido de augas residuais ao Lagares

A Conselleira de Infraestruturas eliminou un punto de vertido de augas residuais ao rego Pugariño, en Vigo.

Augas de Galicia, localizou este foco en San Salvador, na parroquia de Teis, no lugar da Chumba.

Baixo a ponte da Avenida de Vigo

O persoal da Xunta identificou a orixe do punto de vertido cara o rego baixo a ponte da Avenida de Vigo. O mesmo se orixinaba nunha deficiencia da infraestrutura municipal de saneamento.

Os feitos foron postos en coñecemento do Concello para que levase a
cabo as medidas oportunas. As mesmas abranguen o reforzo do pozo de rexistro afectado, cimentando a soleira do mesmo.

O persoal de Augas de Galicia comprobou que a actuación efectuada polo Concello permitiu o cese do vertido.

También te puede interesar