RGPD - Cookies
Destacados Vigo al día

BNG lamenta que Caballero só lle ofreza ao comercio a «banda sonora en modo orquestra do Titanic»

«Vigo é a única cidade de Galicia que non deu ni un euro de axuda ao comercio»

BNG lamenta que Caballero só lle ofreza ao comercio a "banda sonora en modo orquestra do Titanic"

«Banda sonora en modo orquestra do Titanic», así cualifica o BNG a «pretendida campaña» de apoio ao comercio de Vigo.

Para o Bloque o anuncio de Abel Caballero de actuacións musicais nos barrios, «non dá resposta ás demandas do sector que leva desde o inicio da pandemia demandando axudas directas».

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, reaccionou ao anuncio do saudando positivamente coma unha «rectificación da política de desertización cultural» que practica o goberno local. Neste sentido, lembrou que entre outros programas, liquidouse o MoveVigo, que se desenvolvía en colaboración co movemento veciñal; ou o ‘Vigo a Escena’.

Unha medida que no é a que reclaman os comerciantes

Para o concelleiro do BNG, esta medida non atende o reclamo do sector comercial: liñas de axudas directas.

«O que precisa o pequeno e mediano comercio son axudas reais e efectivas, como as que están a despregar outros concellos». Pero, apunta, Abel Caballero,«o que lles ofrece é unha banda sonora en modo de orquestra do Titanic para acompañar musicalmente o feche de estabelecementos e que sigan aparecendo cada día máis carteis de ‘alúgase’ ou ‘véndese’ for ceses de actividade».

Vigo, única cidade que non deu un euro de axudas ao comercio

Desde a fronte nacionalista subliñan que Vigo é a única cidade galega que «non destinou nin un só euro en axudas directas para amortigüar o durísimo impacto da crise derivada da pandemia».

O BNG propuxo xa no inicio da pandemia a posta en marcha dunha Estratexia Local de Promoción Económica e do Emprego. A mesma pedía unha partida de 10 millóns para axudar ao comercio e a hostalaría. Recentemente, o Bloque demandou tamén a exención da taxa do lixo anunciada só para a hostalaría e locais de lecer nocturno.

También te puede interesar