Destacados Vigo al minuto

Alumnos do Politécnico recuperan en 3D a maqueta do ‘Gran Vigo’ de Palacios

O presidente Feijóo anuncia a inversión de 8 millóns no novo instituto de Navia

Alumnos do Politécnico recuperan en 3D a maqueta do 'Gran Vigo' de Palacios

Imaxes: Ana Varela/Os alumnos de Mecanización do Politécnico comezaron a recuperar, mediante técnicas de impresión 3D, a maqueta do ‘Gran Vigo’, deseñado a comezos do século XX por Antonio Palacios.

Hoxe o presidente da Xunta estivo no centro e observou o traballo realizado. «Estamos a falar dunha iniciativa que nos vai permitir apreciar moitos detalles do plan [do Gran Vigo ]que Antonio Palacios deseñou», dixo Feijóo.

O presidente salientou que o arquitecto quería facer de Vigo «a Barcelona do Atlántico«. Feijóo engadiu que a nova maqueta será unha das pezas da exposición sobre Antonio Palacios que acollerá o Museo do Mar en setembro.

O presidente Feijóo hoxe en Vigo

O presidente reivindica a FP como «estratéxica» para a a recuperación económica

Feijóo reivindicou a Formación Profesional como unha opción educativa estratéxica de cara á recuperación económica.

No Politécnico, referiuse á FP como un factor fundamental de dinamización laboral, ao permitir o acceso ás novas profesións, a través dunha formación específica; orientada cara aos coñecementos máis creativos e prácticos, favorecendo o espírito emprendedor; e porque ofrece máis oportunidades laborais e un elevado nivel de empregabilidade, superando nalgúns casos máis do 90%.

Non en van, lembrou que nos últimos dez anos a matrícula en FP incrementouse en máis dun 60% ata chegar a máis de 56.000 alumnos, o que demostra o interese crecente da cidadanía por estas ensinanzas.

Compromiso da comunidade educativa

O titular da Xunta aproveitou a visita para agradecer e poñer en valor o «compromiso de toda a comunidade educativa» para afrontar o curso máis complexo da nosa historia. 

«Agradecemos esta vocación e o éxito acadado para, con todas as complexidades loxísticas, manter a presencialidade nas aulas. Fostes clave para non perder o curso», incidiu.

Novo instituto Navia

O presidente concluiu a súa visita apuntando que en Vigo levarase a cabo este verán a reforma do Conservatorio Profesional de Música, cun orzamento de máis de 1 millón de euros; así como o inicio da construción do novo instituto en Navia, cunha achega total de 8 millóns de euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.