Galicia

Ourense e Lugo, en ‘alerta laranxa’ por choiva, treboadas e ventos fortes

As previsión advirten de precipitacións de 30 litros por metro cadrado

A Xunta ván de activar a ‘alerta laranxa’ en Ourense e Lugo por choiva e treboadas.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta sinala que a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) avisa de que a partir das 12,00 horas de hoxe espérase un «fenómeno meteorolóxico adverso» cpn alerta laranxa na provincia de Lugo.  Tamén afectará o sur, e ás zonas do Miño e Valdeorras, na provincia de Ourense.

30 litros por metro cadrado e ventos moi fortes

As previsións advirten de precipitacións de 30l/m2 nunha hora, saraiba e refachos de vento moi fortes. Así mesmo, actívase alerta amarela por treboadas e choivas no interior das provincias da Coruña e Ourense.

O pronóstico de MeteoGalicia para hoxe é de ceos parcialmente cubertos, con chuvascos de carácter tormentoso que serán máis intensos en puntos das provincias de Lugo e Ourense, onde estarán acompañados de pedrazo, aparato eléctrico e chuvias localmente fortes.

Choiva os próximos días

Para o xoves, día 17, cambia a situación atmosférica, xa que unha fronte fría chegará a Galicia deixando ceos con abundantes nubes e precipitacións, localmente de intensidade forte.

O venres, 18, continuará a inestabilidade e agárdanse intervalos de nubes e claros con algunha chuvia no extremo norte. Pola tarde irán medrando nubes de evolución que poderán dar lugar a chuvascos treboentos.

A fin de semana quedará marcada pola presenza de borrascas atlánticas, non moi activas, pero si bastante próximas a Galicia. As mesmas achegarán masas de aire fresco e húmido. Deste xeito agárdanse ceos con intervalos de nubes e claros e probabilidade alta de chuvia.  As temperaturas estarán por debaixo do habitual a esta altura do ano.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.