'Qué te cuentas?' Galicia

Solicitan amparo á Valedora do Pobo para protexer niño de cegoñas de Ourense

Ubicaron os seus niños sobre tres guindastres en tres obras diferentes da cidade

Solicitan amparo á Valedora do Pobo para protexer niño de cegoñas de Ourense

As organizacións Amigas das Cegoñas e Ecoloxistas en Acción solicitan á Valedora do Pobo a intermediar para salvar os niños de cegoñas en perigo na cidade de Ourense.

Aniñaron en tres guindastres da cidade

Neste ano 2021, aniñaron tres parellas de Cegoña branca no concello de Ourense. Ubicaron os seus niños sobre o contrapeso de tres guindastres en funcionamento en tres obras diferentes da cidade.

Información á Xunta

Amigos das Cegoñas xunto a Ecoloxistas en Acción deron conta ás distintas administracións informando á Consellería de Medio Ambiente.Falaron cos responsables do Concello de Ourense e incluso comunicáronse co Ministerios de Cultura e Deporte e Transición Ecolóxica.

Denuncian que a pesar de todas estas conversas “se sigue poñendo en perigo a integridade dos aniñamentos”. Ademáis, incúmprese a Directiva Europea de Aves e a Lei do Patrimonio Natural. As mesmas establecen a protección da Cegoña branca, aos seus pitos e niños.

Por isto, piden á Valedora que intermedie coa Consellería de Medio Ambiente para que esta orden que os guindastres queden sen actividade nin movemento algún, ata o voo natural dos pitos. Este sería aos 70 días, máis ou menos, do nacemento destes  que data de 1 de maio. Isto quere decir, ata metade de setembro.

Tamén solicitan que as administracións busquen ubicacións alternativas para os niños e que esta situación non se volva repetir.

También te puede interesar