RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?' Cultura

A Asociación Veciñal de Teis organiza un roteiro polo Aloia

O percorrido será de 9 quilómetros e unha dificultade sinxela

A Asociación Veciñal de Teis organiza un roteiro polo Aloia

A Asociación Veciñal de Teis, organiza un roteiro polo parque natural do monte Aloia, o domingo 20 de xuño. Os interesados deben anotarse previamente no local da Asociación, a partir de hoxe. O local da Asociación estará aberto os luns,mércores e venres de 17:00 a 20:00 h.

9 quilómetros

En total, o percorrido será de 9 quilómetros e unha dificultade sinxela, polo que poden facelo tamén cativos dende os 6 anos de idade.

Con esta ruta, indican dende a asociación veciñal, «imos coñecer o Aloia dun xeito diferente». O roteiro comezará pola parte alta do monte, polo mirador e a capela e será totalmente descendente. Deste xeito, pasará pola Poza da Cabana, a senda Botánica, o Rego da Pedra, o Castro Alto dos Cubos… «e visitaremos tamén, o seu centro de interpretación»

A saída non se fará desde a nosa asociación, quedarase directamente no parque do monte Aloia. Os organizadores piden que se leve un bocadillo, xa que o xantar será durante a ruta que rematará sobre as 4 da tarde.

O número de prazas dependerá da situación epidemiolóxica neses momentos e os prexos son: para socios, 12€, nenos 4 € (só paga o primeiro).Inscrición a partir do día 9 de xuño. Para os non socios: 14€ adulto e 6€ nenos. Inscrición a partir do día 14 de xuño.

También te puede interesar