Galicia Vigo al minuto

Vigo énchese de astronomía as fins de semana do verán

No VigoZoo dende finais de xuño ata agosto

O mundo da astronomía será o protagonista das fins de semana deste verán. VigoZoo celebra os seus primeiros 50 anos de vida con diferentes actividades para achegar á cidade a esta área de coñecemento.

‘Sábados astronómicos’

Os “Sábados astronómicos” desenvólvense o sábado 26 de xuño, todos os sábados do mes de xullo e todos os de agosto, excepto o último. As persoas participantes, en grupos de 25, poderán aprender con actividades de astronomía e observación de estrelas entre as 22:00 horas da noite e ata as 00:00 horas da madrugada.

Tamén poderán coñecer a filosofía Startlight; a traxectoria dos astros; nocións de uso do telescopio e os prismáticos para observación dalgunha galaxia; localización con punteiro láser das constelacións e recibir nocións de mitoloxía.

‘Noite das Perseidas’

“Noite das Perseidas”: celébrase o 12 agosto dende as 22:00 horas e ata a medianoite. A previsión do goberno municipal é que poidan asistir 75 persoas, en función das restricións Covid vixentes. A cita será para observar as Perseidas e aprender a localizar as constelacións, con xogos astronómicos para os máis pequenos.

‘Astronomía en VigoZoo’

A terceira proposta, pensada para as familias, é “Astronomía en VigoZoo” e terá lugar os domingos: o 27 xuño, todos os de xullo e os tres primeiros de agosto, en horario de mañá e tarde (con catro sesións ás 11 e 13 horas e ás 16 e 18 horas da tarde), en grupos de 10-12 persoas.

Serán actividades baseadas na simulación mediante a proxección do ceo nocturno de Vigo, cun programa informático e pantallas e proxectores da sala de cambio climático de Vigozoo. As persoas que asistan aprenderán a orientarse durante a noite; recoñecer as constelacións, estrelas e planetas visibles esa noite; recibirán nocións de mitoloxía e historia da astronomía así como o manexo dun planisferio.

Para sumarse ao programa de VigoZoo é preciso facer reserva previa, no teléfono 986267783. As actividades desenvolveranse cumprindo as medidas de seguridade sanitaria vixentes en cada momento.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.