Destacados Vigo al minuto

Preto do 30% dos galegos ten postas as dúas vacinas da Covid

1,2 millóns recibiron, polo menos, una dose, o que supón o 51% da poboación galega

A cuarta vacinación da COVID comezará antes de finais deste mes

Preto do 30% dos galegos ten postas as dúas vacinas da COVID, dacordo cos datos difundidos hoxe pola Consellería de Sanidade. Exactamente, son 668.471 o que supón o 28,3% da poboación.

Segundo os mesmos datos, más de 1,2 millóns recibiron polo menos unha dose da vacina o que representa o 51,1% de todas as persoas a vacinar en Galicia. A Xunta administrou ata onte 1.852.138 doses de, más do 97% do 1.902.035 que recibiu.

Máis dun millón de maiores de 50 anos

En Galicia xa teñen postas as dúas vacinas da COVID, ou so unha delas, 1.090.114 maiores de 50 anos. Deles 130.489 superan os 85; outros 95.501 teñen entre 80 a 84 anos; 132.815 entre 75 a 79 anos; 150.226 están entre 70 a 74 anos; 150.190 de 65 a 69 anos; 168.175 de 60 a 64 anos; 175.244 de 55 a 59 anos e 87.474 de 50 a 54 anos.    

También te puede interesar