Vigo al minuto

Nova titulación en Vigo: grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española

Ofrece 50 prazas para o curso 2021/2022 na Facultade de Filoloxía e Tradución

Nova titulación en Vigo grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española

Vigo contará o ano que vén cunha nova titulación universitaria: grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española. O mesmo impartirase na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Neste caso ofértanse 50 prazas e o grao contará con dúas especialidades ou mencións, que son a Mención galego e a Mención Español. A impartición deste grao inicia o proceso de extinción do grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios no mesmo campus e centro.

Curso 2021/ 2022

A Consellería de Educación e Universidade vén de incluir a proposta de oferta de prazas de novo ingreso en títulos oficiais de grao e máster para as
universidades galegas cara o curso académico 2021/2022.

Como principais novidades, o Sistema Universitario de Galicia (SUG) incorporará o vindeiro curso dous novos títulos de grao da rama de Humanidades e catro novos mestrados universitarios.

En total ofertaranse 11.550 prazas en titulacións de grao (67 máis ca no
actual curso) e 5.162 nas de máster (11 máis ca este ano académico).

Novas titulacións

A oferta de prazas rexistrada no Ministerio inclúe dous novos títulos de grao na rama de Humanidades, un para a Universidade de Santiago de Compostela e a devandida para a Universidade de Vigo.

Así pois, a Facultade de Humanidades do Campus de Lugo (USC) ofertará o vindeiro curso o grao en Xestión Cultural, con 45 prazas a razón de 25 na modalidade presencial e 20 na semipresencial. A impartición deste grao inicia o proceso de extinción do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.

Maestrados

Os estudantes poderán cursar catro novas titulacións de máster nas
universidades do Sistema Público Galego o vindeiro curso. Trátase do máster universitario en Desafíos das Cidades Atlánticas −conxunto entre a UDC, a USC, a Universidade de Vigo−, e as universidades portuguesas de Minho, de Porto e de Trás os Montes e Alto Douro, con seis prazas por universidade; o máster universitario en Dereito Transnacional da empresa e das
Tecnoloxías Dixitais
, tamén conxunto entre a USC (10 prazas) e a Universidade do Minho (20 prazas); o máster universitario conxunto Erasmus Mundus en Sostenibilidade e Industrial 4.0 aplicada ao sector marítimo (con 27 prazas no Campus de Ferrol, UDC), e o máster interuniversitario en Tecnoloxías en Márketing e Comunicación Política, como nova proposta da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC (campus de Santiago) con 35 prazas.

17 prazas en Vigo para o grao en Enfermería e 25 para Enxeñaría Informática

Entre outras modificacións, os graos existentes que aumentan a súa oferta son os graos de Enfermaría nas tres universidades (que suman 12 prazas máis na UDC, 2 na USC e 17 na UVigo). Tamén os graos en Enxeñaría Informática con 24 prazas mais na UDC (Campus Coruña) e 25 máis na UVigo (Campus Ourense).

Por outra banda, outras titulacións de grao diminúen a súa oferta como é o caso do Grao en Enxeñería mecánica da UDC (Campus Ferrol) con 5 prazas menos, e o grao en Administración e dirección de Empresas da USC (Campus Lugo) con 10 prazas menos.

También te puede interesar