RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

Cristina Fernández, nova alcaldesa de Ponteareas

Sucede a Xosé Represas, que renunciara a finais de abril por enfermidade

Dende este venres, María Cristina Fernández é a nova alcaldesa de
Ponteareas.
Fernández obtivo 12 votos no Pleno da Corporación celebrado 
hoxe, os do seu partido, o BNG. e os dos concelleiros do PSdG-PSOE.

A nova alcaldesa substitúe a Xosé Represas, que dimitiu a finais de
abril por motivos de saúde.
Cristina Fernández viña ocupando a Alcaldía
de modo accidental dende hai meses.

O novo goberno local estará apoiado, como ate hoxe, polos concelleiros
do Bloque e do PSOE, grupo que tivo unha emocionada lembranza para o ex
alcalde ao que sinalou como impulsor de moitos dos grandes proxectos
desenrolados nos últimos seis anos.


O novo goberno de Ponteareas

Cristina Fernández, agradeceu a confianza de Xosé Represas que,
salientou, “segue a ser o meu alcalde”. A nova alcaldesa fixo referencia
á situación xerada pola pandemia, lembrou o traballo do persoal médico e
sanitario e dos profesionais dos “servizos básicos de primeira liña” e
subliñou que traballará para favorcer a recuperación económica e de
creación de emprego.

Fernández rematou o seu breve discurso, logo dunha sesión que apenas
durou 15 minutos, comprometéndose co impulso dos proxectos xa iniciados
e co impulso da unidade das veciñas e veciños para facelos realidade.

También te puede interesar