Comarcas

Medio millón do ‘Plan Concellos’ da Deputación para Arbo, Cambados, A Illa e Forcarei

Esta destinado a financiar a mellora da infraestrutura viaria e de equipamentos municipais

Medio millón do 'Plan Concellos' da Deputación para Arbo, Cambados, A Illa e Forcarei

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar un novo investimento por preto de medio millón de euros (486.654€) do Plan Concellos para Arbo, Cambados, A Illa de Arousa e Forcarei.

Esta cantidade está destinada a financiar a mellora da infraestrutura viaria e de diferentes equipamentos municipais. Nos dous casos os mesmos presentan importantes problemas causados polo paso do tempo e é necesario acometer a súa mellora.

Arbo

En concreto, con esta nova dotación de recursos, o concello de Arbo poderá
acometer as obras de mellora de dous camiños públicos do viario municipal en Cequeliños, cunha achega da institución provincial de 89.768€.

As actuacións consistirán na mellora e ensanche destes camiños, así como a mellora do drenaxe.

Cambados

Cambados recibirá unha achega de 119.528€ do Plan Concellos para abordar a remodelación da Praza da Xuventude, situada no centro da vila. Esta actuación responde á necesidade de reparar as filtracións de auga que afectan á primeira planta do aparcadoiro situado baixo a praza, producidas debido a unha ineficaz impermeabilización.

Forcarei

Así mesmo, o concello de Forcarei percibirá unha achega de 89.166€ para
acometer a mellora do camiño de acceso a parcelas en Rabadeiras, na parroquia de Santa María de Dúas Igrexas, dun total de 2,1 quilómetros.

A Illa de Arousa

Por último, A Illa de Arousa recibirá do Plan Concellos dúas achegas, a primeira de 120.000€ para a mellora do illamento do pavillón deportivo municipal e outra por 68.190€ para a mellora do mobiliario dos xogos dos parques infantís das Laxes, Monte e Cabodeiro.

No primeiro caso, acometerase a impermeabilización das fachadas e cambio de carpintería exterior desta instalación deportiva, así como a revisión da cuberta para evitar a filtración de auga. E no que atinxe aos parques infantís, teñen unha antigüidade de media de preto de 20 anos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.