Galicia

Pontevedra recoñecida por Europa como «exemplo de cidade»

Os organismos europeos salientan a súa aposta pola mobilidade sustentable ou a redución da contaminación

Pontevedra recoñecida por Europa como "exemplo de cidade"

Pontevedra, recoñecida como ‘exemplo de cidade’, de novo por Europa. Esta é unha das conclusións da xornada que se celebrou na capital da provincia. O mesmo contou coa intervención de representantes da Comisión Europea; do Ministerio de Mobilidade, Transporte e Axenda Urbana; da Convención Escocesa de Autorides Locais e do propio Concello.

Mobilidade sustentable e menos contaminación

A súa aposta pola mobilidade sustentable ou a redución da contaminación son dous dos aspectos postos en valor polo modelo de cidade de Pontevedra.

«Nesta cidade é algo que se comprobou claramente. É necesaria unha mobilidade máis sustentable que nos permita recuperar espazo público para as persoas», destacou Ángela de la Cruz, Subdirectora xeral de Políticas Urbanas do Ministerio de Mobilidade, Transporte e Axenda Urbana.

O evento contou coa presenza do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e de varios concelleiros, que fixeron un percorrido polos principais proxectos realizados na EDUSI de Pontevedra. Neste caso, o responsable de Obras Urbanas e Transporte, Demetrio Gómez, puxo en valor o servizo de transporte a demanda nas parroquias do rural. Por outra banda, o Tenente de Alcalde, Tino Fernández, referiuse á recuperación do tramo soterrado e posta en valor do río Gafos no tramo urbano.

Ademais de facer balance da actual xestión do programa EDUSI financiado con fondos FEDER, a xornada serviru para despexar dúbidas ao respecto dos Fondos Next Generation que se remitirán aos Estados membros da UE no marco do plan de recuperación económica da Covid, e dos fondos comunitarios do período 2021-2027.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.