Comarcas

A ‘Vía Verde’ de Redondela preséntase o xoves en Chapela

Conta cun investimento de 667.952 € e un prazo de execución de 6 meses

Infografía da Vía Verde de Redondela

A alcaldesa de Redondela presentará este xoves as obras de acondicionamento da nova ‘Vía Verde’ de Chapela.

Esta actuación ten coma obxectivo darlle un novo uso ao antigo trazado ferroviario, creando un lugar de esparexemento e unha zona deportiva. A finalidade é que os visitantes e á veciñanza gocen dun paseo a pé ou en bicicleta por un medio natural.

Vía Verde de Redondela

Os traballos previstos inclúen converter nunha praza o antigo apeadeiro para unir dúas zonas de Chapela que tradicionalmente estaban separadas pola vía férrea.

Trátase dunha das obras estrela da ‘EDUSI Redondela 2020’, conta cun investimento de 667.952 € e un prazo de execución de 6 meses.

You may also like